Especialista
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1024/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
14/09/2023 – 16/04/2024
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
36.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
O curso de Especialización “Innovación, Competitividade e Creación de empresas? (ICEMAR) ten como obxectivo xeral proporcionar aos seus participantes unha formación avanzada e multidisciplinar, dirixida a formar profesionais capaces de desenvolver a súa profesión, en particular aquelas cuxo obxecto de actividade está nun eido estratéxico para o desenvolvemento económico de Galicia (desenvolvemento mariño/marítimo, mobilidade e automoción ou/e envellecemento da poboación e vida saudable).
ICEMAR pretende fomentar o espírito emprendedor dos seus participantes e baséase en competencias relacionadas coa xestión da innovación e o fomento da competitividade empresarial.
O curso é polo tanto unha invitación a descubrir e deseñar un espazo de aprendizaxe onde os participantes poidan identificar os seus intereses, habilidades, valores e características persoais para explorar activamente aqueles obxectivos profesionais que lles permitan incorporarse ao tecido empresarial.
http://icemar.webs.uvigo.es/
Director/a:
Maruxa Alvarez Jimenez, Maria de los Angeles Pariente Ojea
Entidade organizadora:
Escuela Abierta de Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/06/2023 – 04/09/2023
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
17/07/2023 – 11/09/2023
Modalidade
Docencia presencial/virtual
170 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
150 horas
Lugar de impartición
Centro de visitantes e interpretación do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
800 € | 720 € | 680 € |
Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 680,00 €.
Subir documentación á aplicación no prazo de matrícula (instrucións)
Obxectivos
- Mellorar a conexión entre o currículum académico das persoas participantes e as necesidades e expectativas do mercado laboral.
- Proporcionar ferramentas que permitan ás persoas participantes dominar habilidades persoais e interpersoais.
- Promover o desenvolvemento de novas tendencias, empresas e servizos en sectores estratéxicos de Galicia e as conexións con outros ecosistemas produtivos estratéxicos de Europa.
- Liderar a transformación promovendo novos produtos e servizos que satisfagan as necesidades sociais e ambientais actuais da sociedade.
Destinatarios
Orientado a titulados/as universitarios/as de primeiro e segundo ciclo ou estudantes dos últimos cursos de grao.
Saídas Profesionais
Este curso está dirixido a estudantado de último curso e/ou persoas tituladas de calquera titulación. Ao finalizar o curso, as persoas participantes serán quen de coñecer mellor as súas habilidades persoais e interpersoais e por estas a disposición do mercado laboral dunha maneira máis eficaz. Ademáis terán un amplo coñecemento de posibilidades de innovación e creación de ideas de negocio en ámbitos específicos chave para o desenvolvemento económico actual.
Competencias Específicas
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
- Resolución de problemas.
- Toma de decisións.
- Traballo en equipo multidisciplinar.
- Habilidades nas relacións interpersoais.
- Capacidade para aplicar o coñecemento na práctica.
- Iniciativa e espírito emprendedor.
- Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
- Capacidade para o deseño e xestión de proxectos.
- Entender as propias emocións e expresalas de forma natural, avaliando e recoñecendo as emocións dos demais, e regulando as propias emocións e utilizándoas de forma construtiva con outras persoas cun axeitado desempeño persoal e profesional.
- Realizar o proceso de planificación e control de xestión empresarial, estratéxico e operativo das empresas, cos elementos que o conforman, incorporando nos seus sistemas informativos as variables para manter e incrementar a súa actividade na contorna de actuación.
- Analizar o contorno no que se desenvolve a empresa, así como o seu impacto nas decisións empresariais.
- Capacidade para deseñar e implementar un plan de xestión de proxectos integrado.
- Identificar os problemas empresariais en contornos dinámicos e competitivas e posibilitar un foro de discusión e debate que permita a procura de solucións á realización de propostas dun modo creativo.
- Empregar as habilidades persoais, actitudes e coñecementos teóricos e prácticos adquiridos no contexto académico mediante a simulación de situacións reais da práctica profesional e a través do contacto coa realidade empresarial que proporcionan as prácticas de empresa.
Competencias Transversais
CT1: Integrarse e colaborar de forma activa na consecución de obxectivos comúns con outras persoas, áreas e organizacións.
CT2: Relacionarse positivamente con outras persoas a través dunha escoita empática e a través da expresión clara e asertiva do que se pensa e/ou sente, por medios verbais e non-verbais.
CT3: Pensamento crítico: cuestionar as cousas e interesarse polos fundamentos nos que se asintan as ideas, accións e xuízos, tanto propios como alleos.
CT4: Identificar, analizar e definir os elementos significativos que constitúen un problema para resolvelo con criterio e de forma orixinal e efectiva nun contexto dado.
CT5: Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CT6: Comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Explicación dos códigos: CT: Competencia Transversal.
Condicións de acceso
Este curso está dirixido e estudantado de último curso e/ou persoas tituladas de calquera titulación. As persoas participantes deberían de mostrar interese por coñecer mellor as súas habilidades persoais e interpersoais e de por estas a disposición do mercado laboral dunha maneira mais eficaz.
- TITULADOS/AS UNIVERSITARIOS
- Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao.
- ESTUDANTES UNIVERSITARIOS
- Alumnos/as de grado ou equivalente cun 50% dos créditos asignados a titulación superados.
- PROFESIONAIS:
- Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Titulados/as universitarios: título oficial
- Estudantes. Copia do expediente académico
Criterios de selección
- Estudantes de últimos cursos: 40%
- Titulados Universitarios: 40%
- Orde temporal da solicitude de inscrición: 20%
Metodoloxía
Nº DE CRÉDITOS DE PRÁCTICAS EXTERNAS: 12 ECTS
- Prácticas externas obrigatorias: 6 ECTS
- Prácticas externas optativas: 6 ECTS
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200097 | INAUGURACIÓN: Galicia como referente mundial en sectores clave de la economía | Obligatoria | 0.5 |
200098 | Comunicación y autoconocimiento | Obligatoria | 6.0 |
200099 | Gestión de proyectos | Obligatoria | 2.5 |
200100 | Innovación y creatividad | Obligatoria | 2.5 |
200102 | Emprendimiento y creación de negocios | Obligatoria | 2.5 |
200103 | Conocimiento sectorial | Obligatoria | 4.0 |
200104 | Trabajo fin de título | Obligatoria | 6.0 |
200105 | Prácticas en empresas I | Obligatoria | 6.0 |
200122 | Prácticas en empresas II | Optativa | 6.0 |
Observacións sobre as prácticas
O curso ICEMAR proporciona unha formación eminentemente práctica que proporciona ao alumnado non so unha visión ampla de sectores específicos (do sector marítimo/mariño pero previsible a ampliarse a outros sectores chave da economía) senon tamén unha metodoloxía de xestión de proxectos e de desenvolvemento de novas ideas empresariais. Dado o carácter multidisciplinar do curso, a realización de prácticas externas permite ás persoas participantes en ICEMAR tomar contacto directo cunha nova realidade do mercado de traballo, en moitos casos diferente daquela que obtiveron como parte da súa titulación de grao. Ademáis, a estadía nunha entidade externa permite que o alumnado aprenda determinadas aplicacións profesionais específicas do sector de elección (neste caso, do ámbito marítimo/mariño). Así mesmo, é unha ferramenta moi útil para dar a coñecer os distintos perfís profesional e as competencias de distintas profesións que desenvolven a súa actividade no ámbito marítimo e mariño.
O número de horas de prácticas externas será de 150 horas obrigatorias e outras 150 horas optativas.
Avaliación
As probas e/ou entrega de traballos desenvolveranse de modo presencial, ou de non ser posible, virtual mediante as plataformas CampusRemoto e/ou Moovi.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Datas límite de Entrega de Traballos (Plataforma Moovi)
- Módulos T01 a T04: 29 de febreiro de 2024
- Módulos T05 a T09: 16 de abril de 2024
- Módulos T10 a T15: 29 de maio de 2024
- Traballos fin de curso: 29 de maio de 2024
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
Datas límite de Entrega de Traballos (Plataforma Moovi)
- Módulos T01 a T04: 10 de xullo de 2024
- Módulos T05 a T09: 20 de xullo de 2024
- Módulos T10 a T15: 30 de xullo de 2024
- Traballos fin de curso: 5 de setembro de 2024
Titulación
Título de Especialista en Innovación, competitividade e emprendemento