ESTUDOS / Títulos propios

Estatística con R para profesionais da saúde

Estatística con R para profesionais da saúde
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Matemáticas e estatística
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1099/1
Inicio e fin
Calendar 02/11/2023 - 15/12/2023
Modalidade
Modalidade Virtual asíncrona (ao teu ritmo)
Créditos ECTS
ECTS 4
Plazas
100
Preinscrición pechada
02/10/2023 - 01/11/2023
Matrícula
10/02/2023 - 11/02/2023
Descripción

O programa estatístico R é gratuíto e pódese instalar libremente en calquera computador e sistema operativo. Converteuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada co proxecto R (R Project), e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades. Actualmente é fácil atopar paquetes de R e aplicacións avanzadas no ámbito das ciencias da saúde.

O curso inclúe diversas técnicas estatísticas básicas utilizadas no ámbito da saúde, con datos e exemplos paso a paso alcanzables para usuarios non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual, totalmente non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Moovi.

En trámite (concedido para todas as edicións anteriores) o recoñecemento como actividade de formación continua da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (Sistema Nacional de Saúde), para todos os profesionais sanitarios titulados.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
On line. Plataforma Moovi
Horario
horario continuo e flexlible
Prezo
Prezo xeral
0,00 €
Alumni Uvigo
0,00 €
Comunidade Uvigo
0,00 €

O alumno debe adquirir a competencia para aplicar todos os métodos incluídos nos contidos aos seus propios datos, interpretando correctamente os resultados, e verificando todas as hipóteses ou supostos de cada método empregado.

Médicos e outros profesionais do ámbito da saúde técnicos e investigadores no ámbito das ciencias da saúde.

Alumnos universitarios relacionados co ámbito da saúde.

O curso é útil para o tratamento de datos relacionados co ámbito da saúde.

Aplicar os distintos métodos aos seus propios datos.

Interpretar correctamente os resultados.

Verificar as hipóteses ou supostos necesarios.

Orde cronolóxica de inscrición.

ID Nome Carácter Creditos
200335 Estadística con R para profesionales de la salud Obligatoria 4.00

O alumno deberá realizar sete tarefas, similares aos exemplos explicados nas unidades didácticas, entregando un informe de prácticas cada semana aproximadamente.

Ao finalizar o curso debe realizar un exame conceptual a través da plataforma de teledocencia.

Todas as tarefas son avaliadas, e a cualificación final do alumno será a media simple dos 8 notas obtidas. Considerarase que superou o curso se obtén unha cualificación global de polo menos 5 sobre 10.

Estatística con R para profesionais da saúde

O alumno tendrá acceso a unidades didácticas a través de Moovi, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, con horario continuo e flexible.

O alumno pode elixir cada día o momento do seu acceso aos materiais docentes, prácticas e probas, debendo cumprir os prazos de envío de traballos, informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.