Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1110/3
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
14/11/2024 – 30/05/2025
Modalidade
Presencial / virtual
Créditos ECTS
15.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Este título, enmarcado dentro da convocatoria de Capacitación dixital para o eido do transporte, a loxística e a mobilidade, permitirache coñecer todo o relativo aos distintos ámbitos relativos a actividade propia dun xestor de transporte: fiscal, comercial, civil, mercantil, laboral… Aportando os fundamentos necesarios de cada un destes aspectos e unha visión concreta da automatización e dixitalización documental asociada a ditos procesos. Isto inclúe os fundamentos propios deste sector e das tecnoloxías relacionadas como por exemplo con conceptos como a fiestra única dixital, os documentos de transporte electrónicos (E-Transport Documents), o software de xestión empresarial ou ERP, a carta de porte dixital (eCMR), as bolsas de carga dixital, os sistemas de etiquetado dixital, o tacógrafo dixital e o intercambio electrónico de datos (EDI) entre outros.
Outra vantaxe clave deste curso é a comprensión sobre a dixitalización sostible e a súa aplicación no sector do transporte para unha mellora continua nos procesos e unha toma de decisións baseada en datos e permitirache comprender como a tecnoloxía pode mellorar a seguridade e a eficiencia en situacións de alta presión.
No curso abordaranse, ademais, as dimensións éticas e políticas da dixitalización, o que brinda ademais unha perspectiva integral para comprender os desafíos e oportunidades asociados coa transformación dixital neste sector. Este curso permite adquirir unha parte dos coñecementos básicos necesarios para a formación básica dun perfil profesional de xestor de transporte.
- 100% subvencionado
- Sen necesidade de ABAU ou formación universitaria previa
- Presencial / Online síncrono
- Impartido en castelán
Esta convocatoria está 100% financiada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no Plan de Recuperación Transformación e Resilencia e financiada polo Fondo Europeo de Recuperación – Next Generation EU.
Sen necesidade da ABAU ou de formación universitaria previa, estas formacións, impartidas en castelán, están abertas a toda a cidadanía europea ou con permiso de residencia no territorio español. Este título impartirase en Ourense na Escola Superior de Enxeñaría Informática de forma presencial, con opción a cursalos 100% virtual de forma síncrona, permitindo así acceder a calquera persoa independentemente da súa situación xeográfica
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
franjrm@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
05/09/2024 – 12/11/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
05/09/2024 – 13/11/2024
Modalidade
Docencia presencial/virtual
150 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Informática, Campus de Ourense e plataformas de telefomación: Web Uvigo + EVOLCAMPUS + ZOOM PROFESIONAL
Horario
Martes de 17:30h a 21:30h e Mércores de 17:30h a 21:30h
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
0 € | 0 € | 0 € |
Observacións aos prezos
Formación gratuita, 100% financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Obxectivos
- O curso de Dixitalización do Sector de Transporte de Loxística (DSTL) ten coma obxectivo formar ao estudante con coñecementos sobre a dixitalización da información e dos diferentes sistemas que axudan ao usuario a visualizar e interpretar a información co obxectivo de tomar decisións adecuadas.
- Coñecer e aplicar as tarefas do persoal encargado da xestión do transporte nunha empresa.
- Coñecer os diferentes tipos de documentos e procedementos de comunicación dixital e aprender a utilizalos de forma correcta e eficiente para o mundo laboral.
- Aprender sobre a dixitalización sostible e as diferentes estratexias que se poden levar a cabo para unha implantación máis óptima da xestión do transporte.
- Coñecer as dimensións éticas e profesionais do sector.
Destinatarios
A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo no ámbito da Dixitalización, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito da Dixitalización de datos sen a necesidade de ter unha titulación universitaria.
Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan acceder a brindar os seus coñecementos e habilidades ao mundo laboral das empresas que utilizan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz empregando ferramentas de Dixitalización.
Saídas Profesionais
Unha vez o alumno termine de forma correcta o curso, haberá obtido os coñecementos seguintes:
– Coñecemento e aplicación da Dixitalización Documental e a aplicación ao sector do transporte, mobilidade, loxística e infraestruturas.
– Aplicación dunha dixitalización sostible e a aplicación na empresa.
– Automatización dos sistemas de dixitalización.
Estes coñecementos permitiranlle ao estudante incorporarse ao mundo laboral en diferentes sectores. Principalmente de administración, xestión e dixitalización dos diferentes sistemas de información de unha empresa.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- Coñecer as estratexias e a información sobre a Dixitalización e a súa aplicación nas empresas.
- Traballar en equipo xestionando o ámbito da Dixitalización dunha empresa e proporcionando axuda ao equipo cunha estratexia adecuada.
- Por en práctica os coñecementos sobre Dixitalización.
- Coñecer e empregar o Sistema EDI.
- Coñecer e aplicar a Carta de Porte Dixital.Aprender sobre o Software de Xestión Empresarial (ERP).
Competencias Transversais
- Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade de Organización e planificación en base a información obtida.
- Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.
Condicións de acceso
Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recollidos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.
Criterios de selección
Criterios de admisión:
- Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%
- Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%
- Entrevista personal e cuestionario: 40%
Documentación requirida:
- DNI
- Título ou certificado de estudos
- Currículum vítae
- Posibilidade de solicitar un formulario de admisión sobre criterios de actividade profesional
- Posibilidade de solicitar un formulario de admisión sobre criterios de formación
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200361 | Digitalización del Sector de Transporte y Logística | Obligatoria | 15.0 |
Avaliación
A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten.
No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non haber superado o curso coas primeiras probas. Nela, avaliarase todo o curso
Titulación
Diploma de curso de formación universitaria en Dixitalización do Sector do Transporte e Loxística