Interpretación simultánea profesional

Experto

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1175/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades

Inicio e fin

18/09/2025 – 23/04/2026

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

16.0 ECTS

Estado

En curso

20 prazas

 

Descrición

Trátase do primeiro título de Experto en Interpretación Simultánea Profesional, emitido por unha universidade pública, que imparte a metade dos créditos en interpretación inversa. Outra das fortalezas do título é que conta con lingua B, puidendo seleccionar entre frances e portugués, sendo esta a única titulación estatal que oferta portugués como lingua B.

A formación online (en modalidade síncrona) ofrece ao alumnado a posibilidade de cursar o título en todo o espazo europeo de educación superior e faino compatible coa docencia impartida no grao en Tradución e Interpretación da universidade de Vigo. Está deseñado para formar profesionais cualificados no eido da interpretación simultánea, unha habilidade esencial en contextos internacionais, conferencias, e reunións multilingües.

O título ofrece unha formación integral que combina técnicas avanzadas de interpretación e o uso de ferramentas tecnolóxicas especializadas. A través dun enfoque práctico, o estudantado adquirirá competencias para mediar eficazmente en diversos contextos culturais e profesionais, potenciando a súa carreira no mundo da tradución e interpretación. 

A formación será impartida por profesionais de recoñecido prestixio para que o alumnado acade as destrezas que o capaciten para a práctica profesional da interpretación simultánea. Aínda que non é obrigatorio presentar os xustificantes no nivel B2 das linguas estranxeiras, si é recomendable que o alumnado teña este nivel nas mesmas.

Segue a súa páxina en facebook  

Este ano contamos con dous prazos de preinscrición e matrícula para os títulos de mestrado, especialista e experto/a. Lembra que para matricularte é necesario facer previamente a preinscrición. Consulta os prazos de preinscrición e matrícula aquí.

  • 1º prazo de preinscrición: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2025
  • 1º prazo de matrícula: do 14 de xullo ao 24 de xullo de 2025
  • 2º prazo de preinscrición: do 30 de xullo ao 29 de agosto de 2025
  • 2º prazo de matrícula: do 11 de setembro ao 12 de setembro de 2025

 

Director/a:

Xoán Manuel Montero Domínguez

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

xoanmontero@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
30/07/2025 – 29/08/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
11/09/2025 – 12/09/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

160 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Campus virtual da Universidade de Vigo/Plataforma Moovi

 

Horario

Xoves e venres de 17:00 a 20:00

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
1400 € 1260 € 1190 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

Adquirir os coñecementos e as competencias específicas necesarias para desenvolver adecuadamente o labor de intérprete de simultánea, de interpretación especializada en congresos internacionais, e de revisión e control de calidade das interpretacións realizadas.

Ademais adquirir os coñecementos e as competencias transversais necesarias para traballar con diferentes culturas e afrontar adecuadamente todas as complexidades lingüísticas do ámbito da interpretación de conferencias.

 

Destinatarios

Titulacións universitarias:

  • Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
  • Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
  • Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.

Estudantado universitario:

  • Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.

Profesionais:

  • Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.

 

Saídas Profesionais

O alumnado será capaz de interpretar discursos de especialidade en congresos internacionais, ao igual que saberá documentarse en calquera ámbito de especialización.

As persoas egresadas do título destacarán por un perfil profesional polivalente e adaptado ás demandas dun mundo globalizado. Terán a capacidade de realizar interpretacións simultáneas con precisión, fluidez e naturalidade en contextos diversos, como conferencias, reunións institucionais, eventos culturais ou xurídicos, mantendo sempre a fidelidade á mensaxe e adaptándose ao rexistro, estilo e intención do emisor ou emisora. Contarán cun dominio avanzado de dúas linguas de traballo e cunha comprensión profunda das súas particularidades culturais, o que lles permitirá actuar como mediadores/as efectivos/as entre distintas comunidades lingüísticas, con especial sensibilidade intercultural. Ademais, estarán capacitados/as para utilizar ferramentas dixitais e tecnoloxías específicas da interpretación, como cabinas virtuais, software de apoio ou plataformas de interpretación remota.

Destacarán polas súas habilidades cognitivas e persoais, como a alta capacidade de concentración, xestión do estrés, pensamento analítico e memoria selectiva, necesarias para procesar e transmitir mensaxes de forma eficiente en situacións de alta presión. O seu traballo estará guiado polos principios éticos da profesión, como a confidencialidade, a imparcialidade e o respecto ao interlocutor ou interlocutora. Estarán preparados/as para desenvolver unha carreira profesional no eido global, en organismos internacionais, empresas multinacionais ou eventos culturais, e para traballar en modalidades remotas ou híbridas

 

Competencias Específicas

  • Posuír coñecementos nunha área de estudo que parte da base da formación previa nunha titulación de ámbito lingüístico.
  • Capacidade para aplicar os coñecementos de xeito profesional, así como posuír as competencias adecuadas para a defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do ámbito de estudo.
  • Capacidade para a recompilación e correcta interpretación de datos relevantes para o ámbito de estudo, ao igual que capacidade para reflexionar sobre eles e valoralos.
  • Capacidade para tomar decisións.
  • Capacidade para traballar en equipo.
  • Capacidade para xestionar o tempo e o traballo.
  • Capacidade para resolver conflitos e ofrecer solucións.
  • Capacidade para xestionar as emocións.
  • Capacidade para afrontar problemáticas habituais do ámbito.

 

Competencias Transversais

  • Capacidade de organización e xestión de proxectos.
  • Capacidade para solucionar problemáticas culturais transversais.
  • Capacidade analítica e resolución de problemas.
  • Capacidade de adaptación a cada situación.

 

Condicións de acceso

  • Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente.
  • Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
  • Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
  • Ser profesional con acreditación de experiencia laboral, sempre que estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.

Documentación requirida

1) Documento de identificación.

2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos.

3) Documentos que acrediten a experiencia profesional relacionada .

 

Criterios de selección

1) Licenciaturas/graos do ámbito lingüístico, por rigurosa orde de preinscrición.

2) Licenciaturas/graos doutros ámbitos, por rigurosa orde de preinscrición.

3) Profesionais con experiencia acreditada, por rigurosa orde de preinscrición.

 

Metodoloxía

No primeiro cuadrimestre, o alumnado terá que cursar 4 créditos de interpretación simultánea inglés-español ou inglés-galego e 4 créditos de interpretación simultánea español-inglés.

No segundo cuadrimestre, o alumnado terá que optar por unha segunda lingua B (francés ou portugués) e cursar 4 créditos de interpretación simultánea francés-español ou francés-galego e 4 créditos de interpretación simultánea español-francés ou 4 créditos de interpretación simultánea portugués-español ou portugués-galego e 4 créditos de interpretación simultánea español-portugués.

O coordinador ofrecerá apoio e orientación ao alumnado durante a formación por medio de titorías.

 

Materias

id nome caracter créditos
200479 Interpretación simultánea: inglés-español / gallego Obligatoria 4.0
200480 Interpretación simultánea: español-inglés Obligatoria 4.0
200481 Interpretación simultánea: francés-español/gallego Optativa 4.0
200482 Interpretación simultánea: español-francés Optativa 4.0
200483 Interpretación simultánea: portugués-español/galego Optativa 4.0
200484 Interpretación simultánea: español-portugués Optativa 4.0

 

Profesorado

Profesorado da Universidade de Vigo: 
  • Xoán Manuel Montero Domínguez, profesor titular da Universidade de Vigo.
  • Óscar  Ferreiro Vázquez, profesor contratado doutor da Universidade de Vigo.
  • Jacobo Currais Arcay, profesor asociado da Universidade de Vigo.
Profesorado externo: 
  • Aurora Ruiz Mezcua, profesora titular da Universidad de Córdoba
  • Ana María Díaz Ferrero, profesora titular Universidad de Granada
  • Cristina Cela Gutiérrez, profesora contratada doutora Universidad de Las Palmas de Gran Canaria
  • Miguel Tolosa Igualada, profesor titular da Universitat d’Alacant
  • Rafael Porlán Moreno, profesor axudante doutor da Universidad de Granada
  • Sabela Castro Jiménez, traballadora autónoma Convidada na Universidad de Alcalá de Henares

 

Avaliación

As probas de avaliación terán lugar ao final da formación de cada materia.

 

Titulación

Experto/a en Interpretación simultánea profesional