A docencia que reconecta

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1191/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

06/06/2025 – 27/06/2025

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Finalizado

40 prazas

 

Descrición

Esta formación “A docencia que reconecta” mobiliza os nosos recursos persoais, metodolóxicos e institucionais para o desenvolvemento da docencia Universitaria en liña coa Axenda 2030.

O curso é impartido por ONGAWA unha ONGD que ten como misión pór a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano para construír unha sociedade máis xusta e solidaria. Ongawa nace como organización en 1991na Universidade Politécnica de Madrid.

É unha formación en modalidade teleformación con 4 sesións síncronas participativas nas que se require intervención das persoas participantes. As sesións síncronas terán lugar todos os venres laborables de xuño, 6, 13, 20 y 27, de 9.30 a 12:00. 


Está organizado pola Área de Equidade e Cooperación e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

 

Director/a:

Matilde Jiménez Rivero

Teléfono contacto:

986 130 304, 986 130 261

Email contacto:

direc.equidade@uvigo.gal; cpfp@uvigo.gal, matilde.jimenez@ongawa.org

Entidade organizadora:

Centro de Posgrao e Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
14/05/2025 – 01/06/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
02/06/2025 – 04/06/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

10 horas

Docencia non presencial

10 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Teleformación

 

Horario

Bloque 1: Conexión co propósito da educación.6 de xuño 9.30-12.


Bloque 2: Conexión da Universidade co territorio. 13 de xuño 9.30-12.00


Bloque 3: Conexión co alumnado. 20 xuño 9.30-12:00


Bloque 4. Conexión co mundo na era da IA. 27 de xuño 9.30-12:00 

 

 

Obxectivos

Fortalecer a capacidade do PDI para vincular o seu labor coa sustentabilidade e a transformación social da súa contorna dende un compromiso solidario en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Contribuír á construción dun currículo educativo sostible en liña coa Axenda 2030, as normativas de aplicación universitaria e o plan estratéxico.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Condicións de acceso

Profesorado da Universidade de Vigo.

 

Criterios de selección

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.

Orde de inscrición.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Metodoloxía

  • Bloque 1: Conexión co propósito da educación.6 de xuño 9.30-12.00
Coherencia entre as motivacións persoais dos/as docentes e a consecución da meta 4.7 dos ODS. Descubrindo o compás interior. A nova lexislación universitaria e a sostibilidade.
 
  • Bloque 2: Conexión da Universidade co territorio. 13 de xuño 9.30-12.00
Chaves metodolóxicas para o deseño de procesos de aprendizaxe experiencial con impacto educativo no territorio cercano e global. Abrir a universidade á cidade e as persoas.
 
  • Bloque 3: Conexión co alumnado . 20 xuño 9.30-12:00
Traballar desde a motivación e estrutura de atención do alumnado  para facilitar a súa participación e enriquecer a súa aprendizaxe.
 
  • Bloque 4. Conexión co mundo na era da IA. 27 de xuño 9.30-12:00
Visión global da IA: actores e dinámicas de poder, desigualdade, fenda dixital, impacto ambiental e extractivismo dixital. Nesgos e pensamento crítico. Repercusión na aprendizaxe e no futuro da educación.  

 

Profesorado

Matilde Jiménez Rivero
Itziar Rosado Morón
Alberto Rico Trigo
Valentín Villarroel 

 

Avaliación

Asistencia ao 80 % das partes presenciais e virtuais síncronas.

Nas partes virtuais síncronas as persoas participantes teñen que ter preparada a cámara e o micrófono para poder intervir na formación.

Entrega das tarefas requiridas no apartado desenvolvemento e asistir a unha titoría enliña.