Auga, termalismo e saúde
O título de Experto en Auga, Termalismo e Saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal.
O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, hasta súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.
O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais.
O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal na formulación de produtos para o coidado da pel.
O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, como problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.
O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permiten aos estudantes aplicar os seus coñecementos en contornos reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.
O título establece os seguintes obxetivos de aprendizaxe para os alumnos que superen as materias do mesmo, co fin de formar profesionais expertos no emprego dos recursos termais:
-Coñecer e comprender o papel da auga na dinámica terrestre, a súa protección e valoración como recurso.
-Analizar a importancia da calidade microbiolóxica e química das augas.
-Coñecer as normativas aplicables ao recurso.
-Coñecer os fundamentos da pel e os factores que poden afectar a saúde cutánea.
-Coñecer as indicacións das augas para as distintas patoloxías en función das súas características físico-químicas e as diferentes técnicas de aplicación.
-Poder aplicar seus coñecementos na resolución de problemas nos ámbitos laborais ou profesionais co uso de ideas creativas e innovadoras
-Adquirir a capacidade de recopilar e interpretar datos e informacións sobre as que fundamentar conclusións no seu ámbito.
-Identificar as súas necesidades formativas e organizar o seu aprendizaxe de forma autónoma.
Titulados universitarios e Titulados de Formación Profesional de Grado Superior con experiencia profisional
As capacidades, coñecementos e habilidades que debe adquirir o estudantado ao rematar os estudos de experto son:
-Coñecer e comprender o papel da auga na dinámica terrestre, a súa protección e valoración como recurso.
-Analizar a importancia da calidade microbiolóxica e química das augas.
-Coñecer as normativas aplicables ao recurso.
-Coñecer as indicacións das augas para as distintas patoloxías en función das súas características físico-químicas e as diferentes técnicas de aplicación.
-Coñecer os fundamentos da pel e os factores que poden afectar a saúde cutánea.
-Poder aplicar seus coñecementos na resolución de problemas nos ámbitos laborais ou profesionais co uso de ideas creativas e innovadoras
-Adquirir a capacidade de recopilar e interpretar datos e informacións sobre as que fundamentar conclusións no seu ámbito.
Capacidade de aprendizaxe autónomo.
Capacidade para a resolución de problemas e toma de decisións.
Capacidade para a investigación e innovación no ámbito profesional.
Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novos contornos relacionados coa súa área de estudo.
Que o alumnado saiba comunicar de forma clara as súas conclusións e os coñecementos e razóns finais que as sustentan.
Que o alumnado sexa capaz de aplicar as ferramentas, técnicas e tecnoloxías adecuadas para a definición, desenvolvemento e análise de proxectos de mellora e innovación.
Coñecemento, xestión, descrición e identificación de forma detallada e integrada de todos os aspectos do termalismo.
Coñecemento, comprensión e identificación das aplicacións terapéuticas e preventivas do termalismo
Coñecemento e comprensión da estrutura e propiedades das augas minerais e termais e de todos os produtos hidrominerais
Coñecemento, comprensión e manexo dos aspectos dermocosméticos do termalismo.
Coñecemento e comprensión dos indicadores de calidade da auga mineral desde o punto de vista terapéutico, biolóxico, químico, xeolóxico e cosmético.
Ter coñecementos dos aspectos éticos e legais do termalismo
Coñecemento e comprensión dos requisitos técnicos para o deseño óptimo das instalacións térmicas
Recoñecemento dos distintos niveis de organización nos centros termais
Comprender os riscos asociados ao termalismo.
Coñecementos de investigación, innovación e valorización nas distintas áreas do termalismo.
- Expediente académico …..: 90%
- Experiencia profesional ..: 10%
O título de Experto en Auga, Termalismo e Saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal.
O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, hasta súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.
O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais.
O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal na formulación de produtos para o coidado da pel.
O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, como problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.
O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permiten aos estudantes aplicar os seus coñecementos en contornos reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.
Durante o 1º Cuatrimestre impartiranse os Módulos 1 e 2. E xa no 2º Cuadrimestre impartiranse os Módulos 3 e Prácticas Externas.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200496 | Hidrogeología | Obligatoria | 0.90 |
| 200497 | Calidad química del agua | Obligatoria | 1.30 |
| 200498 | Calidad microbiológica del agua | Obligatoria | 1.30 |
| 200499 | Régimen jurídico de las aguas mineromedicinales y termales | Obligatoria | 0.50 |
| 200500 | Innovación en termalismo | Obligatoria | 1.00 |
| 200501 | Dermocosmética | Obligatoria | 2.00 |
| 200502 | Dermocosméticos elaborados con agua minero-medicinal y sus derivados | Obligatoria | 2.00 |
| 200503 | Indicaciones de la medicina termal | Obligatoria | 5.00 |
| 200504 | Aplicaciones terapéuticas de la medicina termal | Obligatoria | 3.00 |
| 200505 | Prácticas externas | Obligatoria | 3.00 |
Cada materia avaliará a asistencia, participación e actividades propostas. Finalizado cada módulo farase un exame conxunto de coñecementos das materias impartidas. A nota final compoñerase da cualificación obtida no exame e o 40 % restante, de forma ponderada segundo carga docente de cada materia, doutras actividades avaliadas. As Prácticas Externas avaliaranse mediante realización de memoria que debe ser entregada unha semana, como máximo, finalizadas as prácticas.
Experto/a universitario en auga, termalismo e saúde
Convalidaranse as Prácticas Externas por experiencia profesional no sector termal e/o dermocosmética