Prevención e xestión do estrés
O estrés é un dos efectos máis prexudiciais que se produce entre os profesores/as das universidades, consecuencia das múltiples tarefas e actividades académicas. Pode causar ansiedade, malas decisións, precipitación, agresividade e toda unha gama de enfermidades psicosomáticas.
Neste curso preténdese previr, controlar e minimizar os efectos que o estrés causa entre os profesores/as de universidade. Cunha xestión adecuada do estrés conséguese tomar mellores decisións, un control das situacións conflitivas, a optimización do tempo dispoñible, a diminución das preocupacións, e unha mellor calidade de vida profesional e persoal.
>Comprender a importancia da aparición de síntomas de estrés e as súas consecuencias sobre a eficacia no traballo e a calidade de vida.
Diferenciar o estrés funcional, que favorece a eficacia no traballo, do estrés disfuncional que provoca desaxustes, malestares e enfermidades profesionais.
Analizar as situacións laborais produtoras de estrés, corrixindo os seus factores causantes, con obxecto de minimizar as súas consecuencias.
Coñecer e valorar o estrés, comprendendo como afecta a cada participante do curso, tanto no traballo, como na vida persoal.
Aplicar as técnicas apropiadas para obter un bo aproveitamento do estrés funcional e a redución do estrés disfuncional.
Aplicar os procedementos e ferramentas máis adecuadas de xestión de estrés, aplicables a cada situación particular das persoas participantes.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Estudo completo