Edición de vídeo coa ferramenta DaVinci Resolve (CIXUG)
Davinci Resolve é un programa gratuíto e cada vez mais en uso polos profesionais da industria, válido para calquera software de edición. DaVinci Resolve é a única solución do comprado que combina ferramentas profesionais para editar, etalonar, compoñer efectos visuais, crear animacións gráficas e mesturar audio nun só programa.
O curso estará dividivo en dous grupos, un primeiro grupo de 10 persoas e un segundo grupo de 20 persoas, no que através de 20 horas de sesións en liña repartidas en 10 videoconferencias en directo, e 10 horas de traballo autónomo, o estudante poderá adquirir as nocións básicas para poder empezar a crear proxectos de vídeo profesionais con esta ferramenta.
Familiarizar aos estudantes có entorno e as ferramentas básicas de DaVinci Resolve.
PDI
Obter coñecementos básicos e coñecer o entorno e as ferramentas básicas de DaVinci Resolve.
Aprender técnicas de edición, corrección de cor e postproducción.
Ser capaces de crear proxectos de vídeo profesionais.
Os alumnos terán dispoñible a aplicación moodle na que se subirán as actividades avaliables propostas e na que encontrarán tanto a documentación do curso como acceso a foros ou outro tipo de mensaxería instantánea para poñerse en contacto co formador.
Ao final do curso realizaráse un proxecto final no que se englobe todo o aprendido e se demostren os coñecementos adquiridos.
A asistencia tamen pode ser outro punto avaliable.
Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, renomear ficheiros) e interacción básica con calquera sistema operativo de escritorio.