ESTUDOS / Programas de formación permanente do profesorado

Creación de infografías e deseños vectoriais (CIXUG)

Creación de infografías e deseños vectoriais (CIXUG)
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: lnterdisciplinar
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1187/2
Inicio e fin
Calendar 14/04/2026 - 14/05/2026
Modalidade
Modalidade Virtual asíncrona (ao teu ritmo)
Créditos ECTS
ECTS 0
Plazas
10
Preinscrición pechada
09/04/2026 - 10/04/2026
Matrícula aberta
04/09/2026 - 04/12/2026
Descripción

A creación visual de composicións gráficas está ao orde do día. Sobre todo nestes tempos, onde a comunicación visual é esencial para achegar información en todo ámbito, dende a educación ou a información, ata a publicidade ou a presentación comercial.

A infografía é outra forma de representación visual informativa na que se combinan diagramas visuais xunto con texto para resumir ou explicar figurativamente ideas e conceptos. Para esta transmisión de información empréganse diversos tipos de gráficos e signos non lingüísticos e lingüísticos (pictogramas, ideogramas e logogramas) formando descricións, secuencias expositivas ou narrativas e mesmo interpretativas.

Coa intención ante todo didáctica, a infografía naceu como un medio de transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa. A infografía aplícase principalmente en revistas, documentos, xornais, folletos, páxinas da internet, educación, libros, etc. O propósito é que os gráficos chamen a atención de quen os visualiza polas cores, imaxes ou deseños. Como o seu impacto visual é moi elevado, provoca viralidad na publicación e incrementa en forma exponencial o alcance da mesma.

Para a elaboración destas tarefas, traballarase principalmente coa aplicación de deseño Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómoda e de código aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet.

Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades necesarias para a creación de elaboradas infografías coas amplas posibilidades que ofrece o mundo vectorial de Inkscape, e por suposto, coa propia imaxinación do creador. Ademais de aprender a usar este programa de edición, tamén se tratarán certos aspectos concretos sobre deseño gráfico. Evidentemente non só se aprenderán a facer infografías, senón moitas outras composicións gráficas máis básicas, como sombras, gradientes, logotipos, sinais, etc, que logo completarán e formarán parte das propias infografías finais.

Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
24 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.gal/
Horario
21/04 de 17 a 18h; 28/04 de 12 a 13h; 5/05 de 11 a 12h; 12/05 de 12 a 13h
Prezo
Prezo xeral
0,00 €
Alumni Uvigo
0,00 €
Comunidade Uvigo
0,00 €

O obxectivo deste curso é crear infografías e deseños vectoriais utilizando as prestacións que proporciona a ferramenta Inkscape.

PDI

Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación de imaxes vectoriais.
Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición vectorial, así como as súas ferramentas e as opcións.
Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.
Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
Crear ou modificar calquera tipo de composición visual, para combinala en calquera proxecto.
Ter presentes os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
Mellorar a calidade de calquera traballo dixital (presentacións, memorias, páxinas web…)nais.

Orde de preinscrición

ID Nome Carácter Creditos
200818 Creación de infografías y diseños vectoriales (CIXUG) Obligatoria 0.00

Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc…
Posibilidade dunha proba final.

Curso en Creación de Infografías e deseños vectoriais

Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, renomear ficheiros) e interacción básica con calquera sistema operativo de escritorio.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.