Análise estatística con Rcommander (CIXUG)
A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é o software liberado baixo unha licenza libre, referente nos estudos estatísticos e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos ou a realización de estudos estatísticos descritivos.
Plantéxase en formato de curso online con visionado de vídeos explicativos e lectura de documentos, así como realización de prácticas, cuestionarios e outros tipos de exercicios. Os participantes terán acceso as 24 horas ao curso colgado no Moodle do CIXUG para facer as actividades e demais cando queiran.
Formar aos participantes no manexo da linguaxe estatística R, a través do seu entorno gráfico, RCommander.
PDI
- Realización de estatísticas descritivas
- Manexo de datos
- Creación de gráficos
- Distribucións de probabilidade
- Inferencia
- Regresión lineal simple
Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc…
Posibilidade dunha proba final.
Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, renomear ficheiros) e interacción básica con calquera sistema operativo de escritorio.