Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (CIXUG)
Hai certos traballos dixitais que non se poden levar a cabo con procesadores de texto tradicionais se se queren obter resultados profesionais de publicacións como se poden ver nas revistas, periódicos ou libros comerciais. Para eses casos é necesario un software específico para autoedición e maquetación que faciliten e automaticen a composición, deseño e diagramación de páxinas. Pois Scribus fai posible a creación dunha gran variedade de documentos e formularios, así como a impresión en diferentes formatos, tanto para a publicación a gran escala, como para a distribución a menor escala.
Con Scribus pódese crear calquera tipo de documentos e publicacións: murais ou pósters, fichas de traballo, carteis, dípticos, trípticos, folletos, e-books (libros e revistas electrónicas), periódicos e revistas impresas, boletíns de noticias, libros, formularios, orlas, diplomas, calendarios, certificados, impresos, anuncios, propaganda (publicidade institucional), collages ou composicións cromáticas (expresión plástica), ficheiros PDF protexidos mediante password, formularios en PDF, ficheiros para equipos profesionais de filmación de imaxes, presentacións animadas e interactivas en formato PDF, etc.
Desta forma, unha vez finalizado o curso, o alumno estará capacitado para deseñar, crear e maquetar documentos incluíndo textos, columnas periodísticas, imaxes, táboas, formas xeométricas, liñas e outros elementos de composición gráfica. E todo iso cunha liberdade artística case total e unha harmonía entre texto e demais obxectos que só poden ofrecer os software de autoedición.
Scribus é un completo programa de autoedición ou DTP (Desktop Publishing), excelente maquetador e alternativa gratuita e libre a programas profesionais comerciais como Adobe PageMaker, QuarkXPress e Adobe InDesign. Fronte ao software privativo, Scribus é un potente software que ofrece un excelente rendemento na creación asistida de publicacións mediante ordenador.
O obxectivo deste curso é dar a coñecer as prestacións do software Scribus para autoedición e maquetación.
PDI
Coñecer os programas específicos para a autoedición
Coñecer as posibilidades que ofrece a autoedición
Expresar a creación e innovación artística en formato dixital
Compoñer e distribuír elementos de deseño de forma profesional
Crear e maquetar formatos dixitais
Adquirir coñecementos da xestión da cor e o seu comportamento na impresión
Crear documentos con resultados profesionais
Coñecer e usar formatos estándares para a autoedición
Obter recursos multimedia legais respectando a propiedade intelectual
Compartir o noso traballo de forma legal, masiva e baixo as condicións que se desexen
Configurar e adaptar o entorno de maquetación ás pretensións e necesidades do usuario
Coñecer as licenzas que faciliten compartir os nosos traballos
Preparar documentos para a impresión
Crear revistas e libros con resultados profesionais
Protexer os nosos proxectos
Coñecer o obter tipografías libres de regalías e patentes para os documentos
Orde de preinscrición
Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros, etc…