Estratexias metodolóxicas para mellorar a docencia en materias universitarias incorporando nelas actividades para fomentar que os estudantes fagan un uso ético, creativo e crítico da AI xenerativa
Neste obradoiro aprenderás a poñer en práctica metodoloxías de aprendizaxe inductiva e aula invertida incorporando actividades con ferramentas de intelixencia artificial (IA) xenerativa.
- Definir as distintas estratexias para mellorar a aprendizaxe do estudantado a través da formación continua e o desenvolvemento profesional docente do profesorado universitario: o ensino académico (scholarly teaching, ST), o profesionalismo académico no ensino e a aprendizaxe (scholarship of teaching and learning, SoTL), o estudo de leccións (study lesson, yugyou kenkyu) e os ciclos de mellora na aula (CIMA).
- Aplicar estratexias para que o estudantado poida utilizar as ferramentas de intelixencia artificial de maneira creativa e crítica en procesos de indagación e de preparación para as clases presenciais.
- Describir os beneficios do ensino centrado no alumnado e a aula invertida adaptativa.
- Definir as principais accións do estudantado que aprende e idear maneiras para lograr que a maioría do alumnado as aprenda.
- Distinguir as semellanzas e diferenzas entre distintos métodos de fomento de estudo previo á clase e aprendizaxe activa na aula.
- Incorporar elementos de gamificación para aumentar a motivación e favorecer a implicación do alumnado.
- Crear propostas de ensino centrado no estudantado, aprendizaxe por medio da indagación e aula inversa adaptativa para as materias que imparten incorporando ao seu deseño o uso crítico e creativo de ferramentas de intelixencia artificial e indagación bibliográfica.
- Utilizar ferramentas de AI (ChatGPT/Copilot e Bard/Gemini) como ferramentas de apoio tecnolóxico ao modelo de aprendizaxe por medio da indagación.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de inscrición
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
- Profesionalismo académico no ensino universitario e as distintas estratexias para alcanzalo (scholarly teaching, SoTL, ciclos de mellora na aula e jugyou kenkyu).
- Como lograr que o alumnado use as ferramentas de intelixencia artificial (IA)(chatGPT/Copilot e Bard/Gemini) de maneira creativa e crítica en procesos de aprendizaxe por medio da indagación?
- Metodoloxías de aprendizaxe baseada na indagación: indagación estruturada, indagación guiada e indagación libre. Pedir ao alumnado que xere respostas ou solucións a novos problemas (axudándose das ferramentas de IA).
- IA en estratexias de aprendizaxe enmarcadas en resolución de problemas antes da instrución segundo o modelo do fracaso produtivo.
- Estratexias para o uso de ferramentas de IA (ChatGPT/Copilot e Bard/Gemini) en actividades que utilizan os distintos tipos de indagación.
- Prompt engineering ou como ensinar ao noso estudantado a preguntar ás ferramentas de intelixencia artificial para a xeración de textos co fin de explorar novos problemas e xerar solucións tentativas que posteriormente serán sometidas a un proceso de crítica e mellora.
- Discusión socrática a partir das respostas xeradas polas ferramentas de intelixencia artificial xenerativa.
- App de ferramentas de IA funcionais en contextos de ensino universitario e aula invertida.
- Ensino centrado no estudantado e as metodoloxías para poñelo en práctica.
- Ensino baseado na evidencia.
- A aula invertida adaptativa como contexto que fomenta a incorporación da aprendizaxe activa en clases presenciais e sesións sincrónicas en liña.
- Fomento do estudo preparatorio, da indagación con ferramentas de procura bibliográfica e de ferramentas de intelixencia artificial mediante cuestionarios e actividades de preparación e avaliación formativa asincrónicas.
- Uso de ferramentas tecnolóxicas para a realización de cuestionarios e de resposta da audiencia para a posta en común de ideas.
- Como incorporar tarefas para que o alumnado indague e use a IA para preparar discusións nun contexto de aula invertida.
- Como documentar, avaliar e difundir con rigor académico o impacto das nosas intervencións educativas.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200526 | Estrategias metodológicas para mejorar la docencia en materias universitarias incorporando en ellas actividades para fomentar que los estudiantes hagan un uso ético, creativo e crítico de la AI generativa | Obligatoria | 0.00 |
Estudo completo
A actividade principal do obradoiro será a publicación no foro dunha proposta de unidade de aula invertida que incorporará a aprendizaxe por medio da indagación e uso de ferramentas libres de intelixencia artificial. As persoas participantes que publiquen a súa proposta no foro, terán que facer unha presentación oral na sesión síncrona correspondente ao seu grupo disciplinar.
Así mesmo, en cada videoconferencia propoñerase unha actividade de reflexión e aprendizaxe que se avaliará formativamente na seguinte sesión.