Métodos e recursos para a aplicación da Intelixencia Artificial á docencia e investigación (Campus de Ourense)
Este curso ofrece unha introdución práctica á intelixencia artificial (IA) xenerativa, e o uso de ferramentas de IA na docencia e na investigación. As persoas participantes aprenderán a crear solicitudes (prompts) eficaces, explorar aplicacións educativas e na investigación, e integrar estas tecnoloxías nas súas tarefas cotiás. A formación inclúe demostracións, casos reais e exercicios prácticos adaptados ao contexto universitario.
- Comprender os fundamentos da intelixencia artificial xenerativa e o seu impacto nas prácticas docentes e investigadoras actuais.
- Dominar técnicas de elaboración de prompts para optimizar a interacción con modelos de linguaxe e ferramentas creativas baseadas en IA.
- Explorar solucións de IA para a creación automatizada de contidos didácticos, avaliación formativa e personalización da aprendizaxe.
- Aplicar ferramentas de IA no apoio á investigación: revisión bibliográfica, redacción académica e análise de datos.
- Desenvolver un criterio ético e crítico sobre o uso da IA no ámbito universitario, valorando riscos, limitacións e boas prácticas.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de inscrición
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200538 | Métodos y recursos para la aplicación de la Intelixencia Artificial a la docencia e investigación | Obligatoria | 0.00 |
Estudo completo