Atención á diversidade e inclusión no ámbito universitario
A universidade debe garantir a igualdade de oportunidades proporcionando unha boa formación, independentemente das características, particularidades ou limitacións das alumnas e alumnos. A súa misión é atender de forma equitativa a todas as persoas da comunidade universitaria.
Os obxectivos deste curso son: familiarizar ao profesorado coas necesidades educativas máis habituais do alumnado no ámbito universitario e coas estratexias metodolóxicas e de avaliación máis axustadas as súas necesidades diferenciais. Favorecer actitudes positivas para o desenvolvemento de aulas inclusivas que contribúan a construír unha universidade plural e diversa que aposte pola inclusión.
- Sensibilizar ao profesorado coas necesidades educativas máis frecuentes no ámbito universitario.
- Propor estratexias para atención do alumnado con necesidades educativas nas aulas e nas titorías.
- Proporcionar pautas para a avaliación do alumnado con necesidades educativas.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de inscrición
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200546 | Atención a la diversidad e inclusión en el ámbito universitario | Obligatoria | 0.00 |
Estudo completo
Titorización: 4 ao 10 de xullo de 14:00 a 15:00 horas