Microsoft Excel para a docencia (avanzado). Campus Auga
Este curso prentende ter o coñecemento en profundidade as posibilidades que
lles ofrece Excel para a importación e o tratamento de datos.
Impartirase en liña e haberá tutorización durante o curso a través de correo electrónico.
Ao finalizar o curso os participantes na formación coñecerán en profundidade as posibilidades que
lles ofrece Excel para a importación e o tratamento de datos: cadros de mando, importación desde
fontes de datos externas etc. Ademais, introduciremos o concepto e utilidade do modelo de datos,
permitindo, entre outros, a creación de táboas e gráficos dinámicos de múltiples fontes simultáneas.
A formación está dirixida ao profesorado que ou ben posúe coñecemento básico da ferramenta con anterioridade ou ben participou no curso de iniciación que serve de introdución a este.
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de inscrición
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200572 | Microsoft Excel para la docencia (avanzado). Campus Auga | Obligatoria | 0.00 |
Asistencia mínima requerida ó 80% das sesións.