Iniciación á formación para a docencia universitaria
Este curso ten a finalidade de Potenciar o desenvolvemento de competencias e de capacidades transversais no profesorado, con especial énfase no ámbito das metodoloxías educativas, da pedagoxía e do uso de recursos dixitais.
Adquirir as competencias (destrezas, habilidades e actitudes) axeitadas para exercer a docencia no marco universitario adoptando criterios pedagóxicos que faciliten o rendemento académico dos estudantes.
> Reflexionar de forma crítica e constructiva sobre os procesos de ensino-aprendizaxe co fin de posibilitar as modificación ou cambios precisos cara unha formación competencial
> Diferenciar e analizar os diferentes recursos tecnolóxicos e as súas posibilidades didácticas para valorar a súa idoneidade de emprego nos procesos de ensino–aprendizaxe.
> Aquirir técnicas de comunicación que permitan unha comunicación dialóxica e unha interacción comunitiva profesor-alumno efectiva.
> Comprometerse coa innovación docente no contexto universitario que permita adaptarse con creatividad ás novas demandas do alumnado e as necesidades curriculares previstas na normativa legal vixente.
> Aplicar métodos, estratexias e técnicas metodolóxicas que permitan mellorar A implicación dos estudantes no seu proceso de aprendizaxe para que sexa significativo e funcional.
> Identificarse cosos valores da Universidade de Vigo e implicarse no seu desenvolvemento para crear unha comunidade implicada coa responsabilidade social da Universidade.
> Adoptar decisións e xerar recursos educativos sen nesgos de xénero e inclusivos que permitan aprender a exercer liderazgos inclusivos e xestionar os riscos de discriminación e abordar a diversidade nas aulas univesitarias.
Poderá participar o profesorado axudante doutor, o profesorado permanente laboral e o persoal investigador con carga docente pertencente a Universidade de Vigo ou o persoal docente dos centros adscritos, se así o reflicte explicitamente o convenio de colaboración asinado, con menos de cinco anos desde a súa incorporación.
En caso de prazas vacantes na oferta realizada, poderá participar o persoal investigador sen carga docente. Neste caso, a participación nas actividades formativas e a obtención da correspondente acreditación non outorgará á persoa participante a adquisición de ningunha categoría profesional ou vinculación docente coa Universidade de Vigo.
Os alicerces da formación do novo profesorado serán as seguintes competencias profesionais:
- A competencia da pertenza institucional.
- A competencia de recursos da Universidade de Vigo
- A competencia de planificación.
- A competencia metodolóxica.
- A competencia de recursos tecnolóxicos.
- A competencia da avaliación.
- A competencia sociolingüística en galego.
- As competencias transversais:
a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade
8. As competencias transversais:
a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade
Por orde de preinscrición.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200495 | Iniciación a la formación para la docencia universitaria | Obligatoria | 3.00 |
GL/Estudio completo
Título de formación permanente de profesorado en iniciación á formación para a docencia universitaria.