MooVi exprés: domina a plataforma en 8 horas
Este curso ofrece unha introdución guiada e de ritmo intensivo ao funcionamento de MooVi, a plataforma de docencia virtual da Universidade de Vigo. Ao longo das sesións prácticas, o profesorado traballará directamente sobre unha contorna de proba para familiarizarse coa estrutura dun curso en liña e coas ferramentas dispoñibles para organizar contidos, propoñer actividades e xestionar a interacción co estudantado. A formación está deseñada para que as persoas participantes poidan aplicar o aprendido de forma inmediata nas súas propias materias.
Esta actividade formativa ten como finalidade fortalecer as competencias dixitais do persoal docente da Universidade de Vigo. Ao longo do curso, as persoas participantes aprenderán a crear e organizar recursos educativos dixitais e a deseñar actividades de aprendizaxe en liña dentro da plataforma MooVi. Así mesmo, desenvolverán as habilidades necesarias para configurar e utilizar de maneira eficaz as ferramentas de comunicación e o sistema de cualificación.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Unha porcentaxe das prazas desta primeira edición estarán reservadas para os integrantes do Grupo de Innovación Docente (Virtualia) que impartirá a docencia.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de inscrición
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200650 | MooVi exprés: domina la plataforma en 8 horas | Obligatoria | 0.00 |
GL/Estudio completo
A actividade contará cunha tutorización presencial e personalizada durante o desenvolvemento das sesións. O equipo docente acompañará ao profesorado na realización das prácticas propostas, resolverá dúbidas de forma individualizada e ofrecerá orientación adaptada ao nivel de cada participante.