ESTUDOS / Programas de formación permanente do profesorado

Captura e edición de vídeo con OBS Studio e Shotcut (CIXUG)

Captura e edición de vídeo con OBS Studio e Shotcut (CIXUG)
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: lnterdisciplinar
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1295/1
Inicio e fin
Calendar 24/03/2026 - 07/05/2026
Modalidade
Modalidade Virtual asíncrona (ao teu ritmo)
Créditos ECTS
ECTS 0
Plazas
5
Preinscrición pechada
16/03/2026 - 17/03/2026
Matrícula
24/03/2026 - 07/05/2026
Descripción

No contexto educativo actual, a capacidade de crear contido multimedia de alta calidade é unha interesante opción para transmitir e reforzar conceptos para o alumnado, tanto universitario como doutras etapas educativas. Coa finalidade de capacitar na produción dos seus propios vídeos educativos, deseñouse este curso de captura e edición de vídeo utilizando software libre. Este curso proporcionará aos participantes as habilidades básicas necesarias para gravar, editar e producir vídeos que enriquecerán as súas áreas educativas e/ou administrativas e facilitarán a aprendizaxe dos seus estudantes e compañeiros de área.

A captura de vídeo é o primeiro paso na creación de contido multimedia. Neste curso empregarase unha completa ferramenta de captura de vídeo que poderá usar diversas fontes (diferentes pantallas, cámaras web, micrófono…), combinar esas fontes e establecer diferentes escenarios intercambiables. O curso centrarase no uso da ferramenta de software libre OBS Studio, amplamente empregado entre os creadores de contidos multimedia.
Unha vez capturado o vídeo, o seguinte paso é a edición. Este proceso inclúe a organización de clips, a adición de efectos visuais e sonoros, e a exportación do produto final nun formato adecuado. O curso centrarase no uso da ferramenta de software libre Shotcut, ofrecendo unha guía detallada sobre como utilizar esta ferramenta para crear vídeos atractivos e profesionais.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Prezo
Prezo xeral
0,00 €
Alumni Uvigo
0,00 €
Comunidade Uvigo
0,00 €

Con este curso perséguese capacitar aos participantes na produción de vídeos educativos, proporcionando aos participantes as habilidades básicas necesarias para gravar, editar e producir vídeos que enriquecerán as súas áreas educativas e/ou administrativas e facilitarán a aprendizaxe dos seus estudantes e compañeiros de área.

PDI da UVIGO

Ao finalizar o curso o participante:

  1. Coñecerá os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas captura e gravación de vídeo dixital de escritorio.
  2. Obterá coñecementos e habilidades no uso de ferramentas dixitais para a gravación e emisión de vídeo.
  3. Localizará e obterá recursos dixitais de forma ética e legal para complementar as súas composicións multimedia.
  4. Creará un deseño para a gravación do escritorio, combinando elementos como pantallas, cámaras web, imaxes, texto…
  5. Coñecerá os diferentes modos e estilos de gravación e configurará as contornas de gravación en función do modo elixido.
  6. Procederá e controlará á gravación, como configurar parámetros de gravación tanto de forma simple como avanzada.
  7. Distinguirá a edición lineal e a non lineal e coñecerá diferentes alternativas de editores de vídeo.
  8. Creará proxectos de edición, engadirá recursos multimedia a un proxecto, dividirá e recortará vídeos, reordenará diferentes partes dun vídeo e exportará e gardará nun formato reproducible.
  9. Inserirá e configurará transicións entre recursos multimedia, xestionará varias pistas multimedia e integraraas no proxecto.
  10. Engadirá filtros e efectos de vídeo, de son, texto e créditos aos proxectos de edición de vídeo.

Curso en Captura e edición de vídeo con OBS Studio e Shotcut (CIXUG)

Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, renomear ficheiros) e interacción básica con calquera sistema operativo de escritorio.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.