Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais (CIXUG)
LibreOffice e OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas.
O obxectivo deste curso é amosar ao alumnado trucos e boas prácticas á hora traballar e crear documentos ofimáticos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación. Darase as nocións suficientes para elaborar con garantías documentos para grandes proxectos, proxectos de fin de grao ou teses, crear documentación técnica e matemática, manter bibliografías, editar de forma colaborativa, controlar versións de documentos, asinar dixitalmente, configurar e adaptar as contornas de traballo, etc.
Tamén se obterán os coñecementos necesarios para unha correcta configuración do paquete ofimático, ben sexa LibreOffice, personalización e adaptación dos mesmos, así como onde obtelo e como complementalo con máis funcionalidades a través das extensións.
O obxectivo deste curso é amosar ao alumnado trucos, e boas prácticas á hora de traballar e crear documentos de texto, para un entorno académico, universitario e profesional.
PDI
Adquirir novas destrezas no uso diario do computador
Elaborar material dixital de forma eficiente, estándar, perdurable e conforme a lexislación actual
Obter recursos multimedia legais e respectando a propiedade intelectual
Descubrir novas opcións e posibilidades en contornas ofimáticas
Afondar nas aptitudes ofimáticas
Aumentar a produtividade no traballo ofimático diario
Configurar e adaptar o entorno ofimático ás pretensións e necesidades do usuario
Coñecer as licenzas que faciliten compartir o noso traballos
Xestionar versións de traballos
Sinatura dixital de documentos ofimáticos
Protexer o noso traballo ofimático
Coñecer o obter tipografías libres de regalías e patentes para os documentos
Orde de preinscrición
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200820 | Trucos y buenas prácticas en la elaboración de documentos digitales (CIXUG) | Obligatoria | 0.00 |
Os criterios que se terán en conta serán: A participación (10 horas de conexión como mínimo), avaliación continua mediante: probas, consulta en foros etc… Posibilidade dunha proba final.
Curso en Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais
Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, renomear ficheiros) e interacción básica con calquera sistema operativo de escritorio.