ESTUDOS / Programas de formación permanente do profesorado

Internacionalización en casa: o enfoque COIL e clases espello (Collaborative Online International Learning) II Edición

Internacionalización en casa: o enfoque COIL e clases espello (Collaborative Online International Learning) II Edición
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: lnterdisciplinar
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1312/2
Inicio e fin
Calendar 04/11/2026 - 06/11/2026
Modalidade
Modalidade Virtual síncrona
Créditos ECTS
ECTS 0
Prazas
20
Preinscrición pechada
22/10/2026 - 26/10/2026
Matrícula
23/10/2026 - 28/10/2026
Descrición

Este curso está dirixido ao profesorado interesado en incorporar unha perspectiva internacional e intercultural ás súas materias. As sesións serán virtuais e síncronas, os días 4, 5 e 6 de novembro, de 16:00 a 20:00h.
A formación presentará os fundamentos da internacionalización do currículo e do intercambio virtual. Exploraranse modelos como COIL, as clases espello, a aula invertida e as cátedras viaxeiras. O profesorado aprenderá a deseñar proxectos colaborativos e a buscar socios internacionais. Traballaranse a adaptación de contidos, a avaliación da aprendizaxe e o desenvolvemento da competencia intercultural. A metodoloxía combinará exposicións teóricas, análise de casos, debates e actividades en pequenos grupos. Como resultado, cada participante elaborará un borrador de proxecto COIL e un plan de acción de 30 días.

IMPORTANTE: Inicio da preinscricion o 22/10/2026 ás 10:00h

Coordinador/a: Fernando Cerdeira Pérez
Teléfono de contacto: 986812035
Email de contacto: cpfp.innovacion@uvigo.gal
Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora: Centro de Posgrao e Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
11 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Sala virtual (os datos de acceso atoparanse na plataforma Moovi)
Horario

4 e 5 de novembro de 16 a 20h e 6 de novembro de 16 a 19h

Prezo
Prezo xeral
0,00 €
Alumni Uvigo
0,00 €
Comunidade Uvigo
0,00 €

  1. Comprender os fundamentos da internacionalización do currículo na educación superior.

    2. Coñecer as principais metodoloxías de intercambio virtual e os seus compoñentes.

    3. Recoñecer o seu impacto no desenvolvemento de competencias globais no estudantado.

    4. Deseñar estratexias integrais de internacionalización adaptadas ás propias materias.

    5. Adaptar contidos, actividades e sistemas de avaliación desde unha perspectiva intercultural.

    6. Identificar os roles e os beneficios do intercambio virtual para os axentes implicados.

    7. Coñecer os pasos necesarios para poñer en marcha un proxecto de intercambio virtual.

    8. Identificar mecanismos de procura de socios internacionais e recursos institucionais de apoio.

    9. Determinar a viabilidade, o alcance e o impacto dos proxectos nunha materia propia.

    10. Reforzar as competencias internacionais e interculturais para colaborar con docentes e estudantes doutros contextos.

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.

Profesorado da Universidade de Vigo.

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.

Orde de preinscrición

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Sesión 1 (4 horas). Fundamentos da internacionalización e do intercambio virtual (IV). Comprensión da súa importancia na educación superior. Internacionalización do currículo: conceptos, competencias globais e adaptación de contidos, actividades, materiais e avaliación. Modelos de IV: COIL, clases espello e aula invertida. Competencia intercultural en contornas dixitais e impacto no estudantado e no profesorado. Actividade práctica: análise dun programa docente para identificar elementos que se poden internacionalizar.

Sesión 2 (4 horas). Deseño e desenvolvemento de proxectos COIL. Compoñentes, axentes,  responsabilidades e beneficios. Procura de socios internacionais, obxectivos compartidos, cronograma e apoios institucionais. Viabilidade e avaliación do proxecto e da aprendizaxe. Xestión da comunicación asíncrona, dos fusos horarios e das barreiras culturais.

Sesión 3 (3 horas). Testemuños de experiencias COIL de éxito.

ID Nome Carácter Créditos
200823 Internacionalización en casa: el enfoque COIL y clases espejo (Collaborative Online International Learning) Obligatoria 0.00

Deseño dun miniproxecto COIL. As persoas participantes traballarán no borrador do seu primeiro proxecto, ou na mellora dun xa existente, definindo o socio ideal, os obxectivos colaborativos e os mecanismos de avaliación.

Curso en Internacionalización en casa: o enfoque COIL e clases espello (Collaborative Online International Learning)

Gabriela Avalle (Universidad Autónoma del Estado de Morelos, México)

Norma Angélica Juárez Salomo (Universidad Nacional de Córdoba, Arxentina)

Manuel Esteban Lucas Borja (UCLM)

Soraya Rodríguez Losada (UVigo)

Rosa María Mateos Bernal (UCA)

Beatriz Comendador Rey (UVigo)

Pablo Fernández-Yáñez Luján (UCLM)

Miguelina Cabral Domínguez (UCV