ESTUDOS / Programas de formación permanente do profesorado

Intelixencia Artificial para a docencia universitaria con Microsoft Copilot e NotebookLM

Intelixencia Artificial para a docencia universitaria con Microsoft Copilot e NotebookLM
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: lnterdisciplinar
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1323/1
Inicio e fin
Calendar 13/07/2026 - 16/07/2026
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 0
Plazas
20
Preinscrición pechada
07/07/2026 - 08/07/2026
Matrícula
07/08/2026 - 07/10/2026
Descripción

Este curso introduce ás persoas participantes no uso da intelixencia artificial xerativa aplicada á docencia universitaria mediante as ferramentas Microsoft Copilot e NotebookLM. Ao longo da formación abordaranse os fundamentos dos modelos de linguaxe, as súas posibilidades educativas e as boas prácticas para un uso responsable. As persoas participantes aprenderán a empregar Copilot para a planificación docente, a creación de materiais e o deseño de actividades e avaliacións. Ademais, explorarase o potencial de NotebookLM para traballar con documentos e outras fontes de información, facilitando a análise, organización e xeración de coñecemento. Tamén se presentarán ferramentas para transformar contidos en novos formatos, como guías de estudo, presentacións ou resumos en audio. O curso terá un enfoque eminentemente práctico e orientado á integración destas tecnoloxías no traballo académico cotián, favorecendo unha docencia máis eficiente e adaptada ao contexto dixital actual.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
10 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Laboratorio B00 de la Escuela Superior de Ingeniería Informática (Campus de Ourense)
Horario
9:30 a 12h
Prezo
Prezo xeral
0,00 €
Alumni Uvigo
0,00 €
Comunidade Uvigo
0,00 €

-Comprender os fundamentos da intelixencia artificial xerativa e coñecer as posibilidades e limitacións das ferramentas Microsoft Copilot e NotebookLM no ámbito da docencia universitaria.
-Utilizar Microsoft Copilot para apoiar a planificación docente, a creación de materiais educativos e o deseño de actividades e procesos de avaliación.
-Empregar NotebookLM para analizar, organizar e xerar coñecemento a partir de documentos e outras fontes de información relevantes para a actividade académica.
-Integrar fluxos de traballo baseados en Copilot e NotebookLM aplicando criterios de uso responsable, privacidade e boas prácticas na contorna universitaria.

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.

O 75% das prazas do curso está destinada ao profesorado do Campus da Auga e o 25% restante está aberta a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.

Orde de inscrición

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

ID Nome Carácter Creditos
200860 Inteligencia Artificial para la docencia universitaria con Microsoft Copilot y NotebookLM Obligatoria 0.00

Estudo completo

Curso en Intelixencia Artificial para a docencia universitaria con Microsoft Copilot e NotebookLM

Recoméndase o uso de portátil para o máximo aproveitamento das prácticas.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.