ESTUDOS / Programas de formación permanente do profesorado

Como organizamos a docencia virtual? Da coordinación do título ao deseño da materia

Como organizamos a docencia virtual? Da coordinación do título ao deseño da materia
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: lnterdisciplinar
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1329/1
Inicio e fin
Calendar 03/11/2026 - 24/11/2026
Modalidade
Modalidade Virtual síncrona
Créditos ECTS
ECTS 0
Prazas
20
Preinscrición pechada
22/10/2026 - 26/10/2026
Matrícula
23/10/2026 - 28/10/2026
Descrición

Partindo da experiencia do equipo docente na docencia en titulacións virtuais impartidas na
Universidade de Vigo, o curso propón unha aproximación á docencia virtual que vai máis aló do uso de ferramentas tecnolóxicas e da simple translación da docencia presencial á contorna virtual. Abordaranse os principios e elementos que caracterizan esta modalidade de ensino, prestando especial atención á coordinación académica como condición para garantir a coherencia entre materias, a súa temporalización e a experiencia do alumnado. O curso tratará tamén o deseño e a organización dunha materia virtual, así como as funcións e a complementariedade da docencia síncrona e asíncrona. A finalidade é ofrecer criterios e orientacións aplicables tanto ao deseño dunha materia como á coordinación dun título virtual.

Importante: O inicio da preinscricion será o 22/10/2026 ás 10:00h

Coordinador/a: Fernando Cerdeira Pérez
Teléfono de contacto: 986812035
Email de contacto: cpfp.innovacion@uvigo.gal
Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora: Centro de Posgrao e Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
8 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Sala virtual (os datos de acceso atoparanse na plataforma Moovi)
Horario

3, 10, 17 e 24 de novembro de 11 a 13h

Prezo
Prezo xeral
0,00 €
Alumni Uvigo
0,00 €
Comunidade Uvigo
0,00 €

Ao finalizar o curso, as persoas participantes serán capaces de:

-Analizar a docencia virtual dende a perspectiva da experiencia de aprendizaxe do alumnado.

-Identificar as funcións e responsabilidades da coordinación académica nun título virtual e os seus límites.

-Deseñar mecanismos de coordinación que favorezan a coherencia entre materias, a temporalización e a carga de traballo do alumnado.

-Deseñar e estruturar unha materia virtual de forma coherente cos resultados de aprendizaxe, as actividades e a avaliación. -Integrar a docencia síncrona e asíncrona atendendo á súa función e complementariedade no proceso de aprendizaxe.

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.

Orde de preinscrición.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Bloque temático

  1. De que falamos cando falamos de docencia virtual? Elementos, principios e marcos.

    Bloque temático

  2. De que falamos cando falamos de coordinación académica virtual? Funcións, competencias e límites. En busca da coherencia, temporalización e experiencia do alumnado.

    Bloque temático

  3. De que falamos cando falamos da creación e deseño dunha materia virtual? Tecnoloxía si, pero algo máis. Docencia síncrona e asíncrona: funcións, complementariedade e organización da aprendizaxe.

ID Nome Carácter Créditos
200891 ¿Cómo organizamos la docencia virtual? De la coordinación del título al diseño de la materia Obligatoria 0.00

-Requírese a asistencia ao 80% das clases virtuais

-Participación en actividades grupais síncronas: 60%

-Exposición traballo final en grupo: 40%

Como organizamos a docencia virtual? Da coordinación do título ao deseño da materia

Xosé Mª Mahou Lago

Enrique José Varela Álvarez

Mónica López Viso