Aulas universitarias inclusivas: comprensión e adaptacións para o estudantado neurodiverxente
A presenza de estudantado neurodiverxente nas aulas universitarias (con Trastorno do Espectro Autista, TDAH, dislexia ou outras dificultades específicas da aprendizaxe) require que o persoal docente coñeza as súas características cognitivas e emocionais. Este curso ofrece unha aproximación eminentemente práctica para identificar barreiras na docencia superior e aplicar axustes razoables sen comprometer o rigor académico que se espera na universidade. A través do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), o profesorado adquirirá ferramentas para adaptar materiais, metodoloxías de aula e probas de avaliación, promovendo contornas universitarias máis accesibles, equitativas e respectuosas coa diversidade neurolóxica. Preténdense dar chaves para que o alumnado universitario teña presenza e participación nas materias de modo que se favoreza a súa aprendizaxe.
IMPORTANTE: Inicio da preinscrición o 24/11/2026 ás 10:00h
Comprender as características principais, fortalezas e desafíos do estudantado universitario con TEA, TDAH, dislexia e outras dificultades de aprendizaxe.
Identificar as barreiras metodolóxicas, comunicativas e avaliativas máis frecuentes no contexto da educación superior. Aplicar os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) na planificación de materias e na creación de recursos docentes accesibles.
Deseñar adaptacións curriculares non significativas e axustes razoables nos sistemas de avaliación (exames, traballos e exposicións orais).
Coñecer os protocolos institucionais e os recursos de apoio dispoñibles na universidade para a atención á diversidade.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de preinscrición
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Non se requiren coñecementos previos especializados en psicopedagoxía ou educación especial. É
necesario contar con manexo básico do campus virtual e ferramentas de videoconferencia
Por orde de preinscrición.
Para superar o curso e obter a certificación correspondente será obrigatorio cumprir cos seguintes requisitos:
Proba de coñecementos: Superar un cuestionario final tipo test de 10 preguntas con catro opcións de resposta e unha única correcta, acadando como mínimo 7 puntos sobre 10.
Tarefa práctica aplicada (opcional/complementaria): Entrega dun breve deseño de axuste razoable ou mellora DUA aplicable a unha materia propia, revisado durante as horas de titoría.
Curso en Aulas universitarias inclusivas: comprensión e adaptacións para o estudantado neurodiverxente
Paula Carreiro Prieto
Fundadora e Presidenta da asociación de Mestras e Mestres pola Inclusión de Galicia (AGAMPI) Compoñente da ROIG (Rede de Ocio Inclusivo de Galicia) Mestra de Educación Especial pola Universidade de Vigo (2005) Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Vigo (2007) Máster Universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares pola Universidade de Vigo (2011)