ESTUDOS /

Escritura e reescrituras literarias da Idade Media

Escritura e reescrituras literarias da Idade Media
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüística
Área de interés principal: Arte e humanidades
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1027/4
Inicio e fin
Calendar 05/10/2026 - 09/05/2027
Modalidade
Modalidade Virtual asíncrona (ao teu ritmo)
Créditos ECTS
ECTS 25
Plazas
20
Preinscrición pechada
31/07/2026 - 30/08/2026
Matrícula
14/09/2026 - 15/09/2026
Descripción

O título de Experto Universitario en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media está pensado como programa modular no que catro dos seus cinco módulos (módulos 1, 2, 3 e 4) pódense cursar individualmente como cursos avanzados de posgrao.

O título está pensado dende unha perspectiva dobre. A partir dun punto de vista sincrónico, estúdase a produción poética do tempo dos reis Enrique III (1379-1406) e Juan II de Castela (1405-1454) no seu contexto social, político e cultural, para, xa cunha ollada diacrónica, abordar a relectura deses nomes e dese contexto na literatura posterior, ata os nosos días. A reescritura do tempo do Rei Doente e do seu fillo Juan coloca ante a recepción áurea, oitocentista e contemporánea un século de esplendor literario e grande conflitividade a finais da Idade Media, que os intelectuais de cada tempo len, relen e adaptan
para falar do seu propio presente.

A partires desta proposta, que se desenvolve en catro módulos, un quinto aborda técnicas e ferramentas para adaptar esta temática ao ensino, en calqueira nivel.

Os catro módulos teóricos poden cursarse por separado e de forma independente como cursos avanzados de posgraduado. A duración de cada módulo é de cinco semanas e certifica oficialmente 5 créditos ECTS. Desenvolveranse de forma virtual asíncrona, de modo que o alumnado poida seguir o seu propio ritmo de aprendizaxe a partir dos materiais textuais e audiovisuais que se inclúen na plataforma de docencia do curso. Para complementar este traballo individual, ofrécese a posibilidade de que o alumnado que o desexe asista de forma virtual síncrona a unha sesión de dúas horas semanais a través do campus remoto da Universidade de Vigo, en horario que se fixará unha vez iniciado o curso. A avaliación levará a cabo a través de cuestionarios dispoñibles na plataforma de docencia.

Os módulos que poden cursarse individualmente son os seguintes:

Módulo 1 (5 ECTS) – Corte e poesía no outono daIdade Media en Castela – Docencia: do 05/10/2026 a 08/11/2026.
Módulo 2 (5 ECTS) – Reescrituras do poder político medieval: a monarquía e os seus contrapoderes no teatro español do século XVII -Docencia: do 09/11/2026 a 13/12/2026.
Módulo 3 (5 ECTS) – A reescritura romántica da Idade Media. Juan II de Castela e a súa corte – Docencia: do 11/01/2027 a 14/02/2027.
Módulo 4 (5 ECTS) – A Idade Media revisitada. Os primeiros Trastámara de Castela na literatura contemporánea – Docencia: do 15/02/2027 a 21/03/2027.
Módulo 5 (5 ECTS) : La literatura de y sobre a Idade Media en el aula. Docencia: 05/04/2027 a 09/05/2027.

Quen superase os catro módulos teóricos ten a posibilidade realizar un traballo práctico (módulo 5) baixo a tutela dalgún dos docentes do programa e transformar os cinco módulos (catro teóricos + un práctico) nun título propio de Experto da Universidade de Vigo (25 créditos ECTS en total).

Mais información en: http://expertoenliteratura.webs.uvigo.es/formacion/

Os prezos de matrícula de cada módulo son as que seguen: alumnado en xeral 150 € por módulo, alumnado da Universidade de Vigo, persoas desempregadas ou acreditación dunha discapacidade de, polo menos, o 33%, 127,5 € por módulo.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Campus Remoto UVigo
Horario
Docencia asíncrona (on-line)
Prezo
Prezo xeral
400,00 €
Alumni Uvigo
360,00 €
Comunidade Uvigo
340,00 €
Persoas desempregadas
340,00 €
Personas discapacitadas
340,00 €

Formar ao alumnado na análise literaria de obras complexas, no seu contexto literario e socio
cultural.
Formar ao alumnado na interpretación crítica de textos literarios de grande repercusión no seu
tempo e hoxe apartados do canon académico.
Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas para o traballo con textos literarios de
diferentes xéneros e de contido histórico.
Proporcionar ao alumnado as ferramentas para xerar contidos educativos sobre a escritura e as
reescrituras da Idade Media.

Persoas tituladas universitarias interesadas na literatura española, particularmente persoal docente e egresados/as de titulacións do ámbito humanístico.

  1. Profesionais con capacidade de análise textual de obras complexas no seu contexto político e
    cultural.
  2. Profesionais con capacidade de síntese crítica para redescubrir a relevancia dos produtos
    literarios situados ás beiras do canon.
  3. Profesionais con coñecementos en literatura de tipo histórico e especializados sobre o sentido
    da reescritura da Idade Media.
  4. Profesionais con habilidade para o manexo de diferentes ferramentas electrónicas para o
    estudo e análise da literatura.
  5. Profesionais con habilidade para xerar contidos literarios e prácticas textuais innovadoras no
    ámbito docente.

Coñecer as características máis salientables do contexto da poesía de corte na baixa Idade Media castelá e/ou as reescrituras modernas e contemporáneas de que ese contexto é obxecto.
Coñecer os parámetros de identidade que os séculos XVII e/ou XVIII-XIX identifican nos feitos do reinado de Enrique III e Juan II.
Recoñecer a finalidade política da reescritura moderna e/ou contemporánea do tempo de Enrique III e Juan II.
Valorar o patrimonio literario española que se coloca nas beiras do canon.
Descubrir criticamente textos pouco coñecidos da literatura española.
Ser quen de analizar textos literarios pouco coñecidos no seu contexto de creación.
Dominar os recursos electrónicos indispensables para o traballo autónomo en literatura cortesá e/ou de contido histórico.
Crear materiais docentes e/ou didácticos a partir da escritura literaria da Idade Media e/ou as súas reescrituras.
Reflexionar sobre a propia aprendizaxe, a metodoloxía de estudo das reescrituras literarias e as posibilidades didácticas das mesmas.

Orde de preinscrición

ID Nome Carácter Creditos
200242 Corte y poesía en el otoño de la Edad Media en Castilla Obligatoria 5.00
200243 Reescrituras del poder político medieval: la monarquía y sus contrapoderes en el teatro español del siglo XVII Obligatoria 5.00
200244 La reescritura romántica de la Edad Media. Juan II de Castilla y su corte Obligatoria 5.00
200245 La Edad Media revisitada. Los primeros Trastámara de Castilla en la literatura contemporánea Obligatoria 5.00
200273 La literatura de y sobre la Edad Media en el aula Obligatoria 5.00

A avaliación farase módulo por módulo.
Cada un dos temas dos módulos 1, 2, 3 e 4 contén un exercicio de avaliación, ao que o alumnado debe responder axeitadamente (disporá dunha oportunidade) para poder avanzar no tema seguinte.
Os cinco cuestionario poderán realizarse asincronamente unha vez completadas o resto das tarefas incluídas en cada tema. Superará o módulo quen supere os cinco cuestionarios.
avaliación do módulo 5 consistirá na elaboración dunha proposta docente ou didáctica.

Experto/a universitario en Escritura e Reescrituras Literarias da Idade Media

Nº DE HORAS ASÍNCRONAS: 200H
Asíncrona (con tutorías síncronas virtuais)

O curso consta de cinco módulos. Cada módulo, composto por cinco temas, desenvolverase asincronamente en cinco semanas entre os meses de outubro de 2026 e maio de 2027.
O alumnado poderá adaptar o avance nos temas á súa dispoñibilidade horaria. A atención personalizada nos foros será diaria, de luns a venres; as titorías síncronas no campus remoto, a petición do alumnado, terán lugar un día por semana en horario que se concertará cos/coas discentes.