ESTUDOS /

Plans de igualdade

Plans de igualdade
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais
Área de interés principal: Xurídico Social
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1321/1
Inicio e fin
Calendar 16/09/2026 - 26/11/2026
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 8
Prazas
40
Preinscrición pechada
03/09/2026 - 09/09/2026
Matrícula
20/08/2026 - 10/09/2026
Descrición

O Diploma de Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade está organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.
Este específico curso constitúe unha proposta formativa orientada á capacitación en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito laboral, cun enfoque eminentemente práctico e interdisciplinario.
O curso aborda de maneira integral o marco normativo, a negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade, así como os instrumentos complementarios vinculados á transparencia retributiva, auditorías salariais, protocolos fronte ao acoso sexual e por razón de sexo e medidas de protección das persoas LGTBI.
A formación combina docencia síncrona presencial con contidos asíncronos a través da plataforma Moovi da Universidade de Vigo, permitindo unha metodoloxía flexible adaptada á formación continua de profesionais.
O carácter diferenciador do título reside na participación de persoal docente universitario especializado, integrantes da Inspección de Traballo e Seguridade Social, maxistratura social e representacións das organizacións sindicais e empresariais máis representativas, proporcionando unha visión completa, práctica e actualizada da negociación colectiva e da implantación efectiva dos plans de igualdade nas organizacións.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
64 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Sede da Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, R/García Barbón, nº 72, C.P. 362021, Vigo - plataforma moovi
Horario
martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas
Prezo
Prezo xeral
30,00 €
Alumni Uvigo
27,00 €
Comunidade Uvigo
25,50 €
Persoas desempregadas
25,50 €
Personas discapacitadas
25,50 €

O Diploma de Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade ten como obxectivo, dende un punto de vista xurídico, estratéxico, piscoanalítico e práctico, proporcionar unha formación especializada e aplicada en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito das relacións laborais. Unha formación especializada que capacite ao alumnado para participar nos procesos de negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade nas organizacións.
Os contidos do presente curso, estructúranse en 6 módulos de carácter teórico e práctico, buscando ofrecer unha comprensión integral do marco normativo regulador da igualdade e non discriminación por razón de sexo no emprego, así como das obrigas empresariais derivadas da normativa vixente en materia de plans de igualdade, transparencia retributiva e prevención do acoso sexual e por razón de sexo.
Entre os seus obxectivos específicos destacan:
• Adquirir capacidade papra manexar fontes xurídicas laborais.
• Coñecer o réxime xurídico aplicable á igualdade e non discriminación no ámbito laboral
• Identificar e analizar situacións de desigualdade nas organizacións mediante ferramentas de diagnose
• Adquirir competencias para participar na negociación colectiva e no deseño de medidas de
igualdade;
• Capacitar para a elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade
• Comprender os mecanismos de transparencia retributiva, rexistro salarial e auditoría
retributiva
• Analizar protocolos de prevención e actuación fronte ao acoso sexual, por razón de sexo e fronte á discriminación das persoas LGTBI
• Desenvolver habilidades de comunicación, negociación e resolución de conflitos aplicadas ás relacións laborais
A formación ten unha orientación eminentemente práctica e multidisciplinaria, vinculada ás
necesidades actuais das organizacións públicas e privadas.

O curso está dirixido a persoas que posúan titulación universitaria oficial de Grao ou Licenciatura especialmente nos ámbitos de:
• Dereito
• Relacións Laborais e Recursos Humanos
• Ciencias do Traballo
• Ciencias Económicas e Empresariais
• Administración e Dirección de Empresas
• Ou Diplomatura de Relacións Laborais e Recursos Humanos
Tamén poderán matricularse profesionais con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoramento laboral e representación empresarial ou sindical que reúnan os requisitos legais de acceso a estudos universitarios.
Igualmente, poderán acceder persoas cunha especial vinculación profesional ou experiencia
acreditada no ámbito obxecto do curso, aínda que non reúnan os requisitos xerais de acceso
universitario, sen que este colectivo supere o 50 % do total do alumnado matriculado, de
conformidade co Regulamento de Formación Permanente da Universidade de Vigo.
O perfil de ingreso recomendado corresponde a persoas interesadas en adquirir competencias
especializadas para participar na negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación de plans de igualdade nas organizacións públicas e privadas.

Este Curso aporta un valor engadido ás persoas profesionais do ámbito das relacións laborais, recursos humanos, asesoramento xurídico-laboral e negociación colectiva, ao proporcionar formación especializada en Plans de Igualdade.
A formación adquirida permitirá participar na negociación, elaboración, implantación e avaliación de plans de igualdade, así como no deseño de medidas de igualdade, transparencia retributiva e prevención do acoso nas organizacións públicas e privadas.
As competencias adquiridas poderán aplicarse en departamentos de recursos humanos, asesorías laborais, organizacións sindicais e empresariais, administración pública, consultoría especializada e entidades vinculadas á igualdade e ás relacións laborais.

Ser capaz de analizar o marco normativo regulador da igualdade e non discriminación por
razón de sexo no ámbito laboral e das relacións laborais.

Ser capaz de identificar situacións de desigualdade nas organizacións mediante técnicas
de diagnose e análise da información laboral e retributiva.

Ser capaz de aplicar instrumentos técnicos e xurídicos para a elaboración, negociación,
implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade.

Ser capaz de deseñar medidas de igualdade e transparencia adaptadas ás necesidades
organizativas.

Ser capaz de deseñar medidas de prevención do acoso sexual e por razón de sexo
adaptadas ás necesidades organizativas.

Ser capaz de desenvolver habilidades de comunicación, negociación colectiva e
resolución de conflitos vinculadas á implantación de políticas de igualdade nas
organizacións.

Ser capaz de aplicar estratexias e técnicas de comunicación e participación que favorezan
a implicación activa das persoas participantes nos procesos de negociación e
implantación de medidas de igualdade.

Ser capaz de analizar información xurídica, organizativa e social de maneira crítica e
fundamentada

Ser capaz de comunicar conclusións, propostas e medidas de igualdade de forma clara,
rigorosa e adaptada aos distintos contextos profesionais

Ser capaz de traballar de maneira colaborativa en contornos multidisciplinares vinculados
ás relacións laborais e á igualdade.

Ser capaz de desenvolver habilidades de negociación, mediación e resolución de conflitos
no ámbito laboral

Ser capaz de identificar problemas organizativos e propoñer solucións vinculadas á
igualdade de oportunidades e á non discriminación.

Ser capaz de adaptar a práctica profesional aos cambios normativos e sociais relacionados
coa igualdade e diversidade nas organizacións.

Ser capaz de utilizar ferramentas dixitais e recursos tecnolóxicos aplicados á formación,
comunicación e xestión da información no ámbito labora

  1. Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso (as persoas sen titulación universitaria en porcentaxe non superior ao 50% do total do alumnado).
  2. Persoas que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.

MÓDULO 1: IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE SEXO. MEDIDAS NOS PLANS DE IGUALDADE
MÓDULO 2: OS PLANS DE IGUALDADE. CUESTIÓNS XERAIS, ELABORACIÓN E CONTIDO. PROTOCOLOS DE ACOSO E MEDIDAS CONTRA A DISCRIMINACIÓN LGTBI
MÓDULO 3: COMUNICACIÓN E INTELIXENCIA EMOCIONAL
MÓDULO 4: ASPECTOS ESTRATÉXICOS DA NEGOCIACIÓN
MÓDULO 5: IMPLANTACIÓN, SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E CONTROL DOS PLANS DE IGUALDADE
MÓDULO 6: ANÁLISE DE SUPOSTOS REAIS: PRÁCTICA

ID Nome Carácter Créditos
200843 Igualdad y no discriminación por razón de sexo. medidas en los planes de igualdad Obligatoria 2.50
200844 Los planes de igualdad. cuestiones generales, elaboración y contenido. protocolos de acoso y medidas contra la discriminación LGTBI Obligatoria 2.40
200845 Comunicación e inteligencia emocional Obligatoria 1.00
200846 Aspectos estratégicos de la negociación Obligatoria 0.80
200847 Implantación, seguimiento, evaluación y control de los planes de igualdad Obligatoria 0.80
200848 Análisis de supuestos reales: prácticamada Obligatoria 0.50

  • Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas
  • Superación dos cuestionarios teórico-prácticos que corresponden a cada tema do curso

Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade

Horario: martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas
Duración: 2 meses.
Datas de iniciación: 16 de setembro de 2026.
Data de finalización: 26 de novembro de 2026.