Traduccón para a Industria do Videoxogo (ETIV)
Nos requirimentos de acceso ao título de especialista debe figurar que os/as solicitantes deben
cumprir algúns dos seguintes requisitos:
Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais
de posgrao.
Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial
do EEES.
Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un
nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de
expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable
do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da
dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da
documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización
non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas
persoas candidatas.
Cumprir os requisitos de acceso ao título de especialista.
Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada
experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de
acceso á universidade segundo a normativa vixente.
REQUERIMENTOS
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200049 | Teoría de la localización | Obligatoria | 5.00 |
| 200050 | Práctica de la localización | Obligatoria | 12.00 |
| 200051 | Actividades transversales de la localización | Obligatoria | 8.00 |
As probas de avaliación terán lugar ao final da formación de cada materia, cun traballo final que se entregará o último día de curso.
Especialista Universitario/a en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV)