Traducción para a Industria do Videoxogo (ETIV)
Trátase do primeiro título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo emitido por unha universidade española. No devandito título tanto se ofrece a formación máis exhaustiva no ámbito da localización tradicional como se profunda en ámbitos específicos actuais tales como a interpretación especializada. Todo iso, impartido por profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional para que o alumnado posúa unha visión real, completa e próxima da práctica profesional.
Páxina web do Título: http://paratraduccion.com/videojuegos/
- Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar
- Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar
- Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar
- Adquirir os coñecementos e as competencias transversais que se necesitan para saber traballar
Nos requirimentos de acceso ao título de especialista debe figurar que os/as solicitantes deben
cumprir algúns dos seguintes requisitos:
Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos
oficiais de posgrao.
Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario
oficial do EEES.
Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un
nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de
expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe
favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a
autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título
estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito
informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das
titulacións presentadas polas persoas candidatas.
Cumprir os requisitos de acceso ao título de especialista.
Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada
experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos
de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
O alumnado será quen de localizar un videoxogo en calquera rama de especialización
(tradución, revisión, tradución para a prensa, interpretación, etc.) así como traballar en equipo.
- CB1 Posuír coñecementos nunha área de estudo que parte da base da formación previa na titulación específica en Tradución e Interpretación.
- CB2 Capacidade para aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación de forma profesional, así como posuír as competencias adecuadas para a defensa de argumentos e a resolución de problemáticas dentro do ámbito de estudo.
- CB3 Capacidade para a recompilación e correcta interpretación de datos relevantes ao ámbito de estudo, así como capacidade para reflexionar sobre eles e valoralos.
- CB4 Lograr transmitir información, ideas e solucións a un público tanto especializado como xeneralista.
- CE1 Capacidade para tomar decisións
- CE2 Capacidade para traballar en equipo
- CE3 Capacidade para xestionar o tempo e o traballo
- CE4 Capacidade para resolver conflitos e ofrecer solucións
- CE5 Capacidade para xestionar as emocións
- CE6 Capacidade para afrontar problemáticas habituais do ámbito
- CT1 Capacidade de organización e xestión de proxectos
- CT2 Capacidade para liquidar problemáticas culturais transversais
- CT3 Capacidade analítica e resolución de problemas
- CT4 Capacidade de adaptación a cada situación
- Tipo de titulación de acceso: 25%
- Nota media do expediente académico: 15%
- Formación específica: 15%
- Experiencia profesional relacionada: 15%
- Carta de motivación: 30%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200049 | Teoría de la localización | Obligatoria | 5.00 |
| 200050 | Práctica de la localización | Obligatoria | 12.00 |
| 200051 | Actividades transversales de la localización | Obligatoria | 8.00 |
| 200316 | Trabajo final del título | Obligatoria | 5.00 |
As probas de avaliación terán lugar ao final da formación de cada materia, cun traballo final que se entregará o último día de curso.
Especialista Universitario/a en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV)
A docencia EN LIÑA farase a través do portal MOOVI da Universidade de Vigo. Nel poñerase ao dispor dos alumnos a documentación necesaria para seguir o curso.
Tendo en conta o enfoque do título como unha unidade, non se contempla a opción de recoñecemento de créditos.
Os curricula abreviados do profesorado externo está na web: http://paratraduccion.com/videojuegos/
Alén de máis, é o profesorado que leva impartindo as materias dende a I Edición.