Electrónica para Compoñentes de Automoción
Na automoción é imparable a incorporación da electrónica tanto nos produtos como nos
procesos produtivos. Existe nas empresas deste ámbito a necesidade de reciclaxe e
actualización de coñecementos, habilidades e capacidades do persoal que por formación e
titulación non traballan no ámbito dos circuítos e sistemas electrónicos.
Neste Título faise unha revisión dos coñecementos e habilidades relacionadas ca selección,
especificación e deseño de circuítos electrónicos que se incorporan no automóbil con especial énfase nos dispositivos de Electrónica de Potencia, nos sensores e circuítos de acondicionamento de sinal, nos circuítos e protocolos de comunicación, nos sistemas de adquisición de datos e no uso do microcontroladores para construír centralitas e unidades de control.
O obxectivo do curso é a especialización en Electrónica Industrial de Enxeñeiros que por
formación teñan escasos coñecementos nesa área de actividade, e que a súa actividade
profesional estea a esixir unha actualización dos mesmos. O nivel de coñecementos
adquiridos polo alumnado permitiralles entender a funcionalidade dos dispositivos e
circuítos que forman un equipo electrónico como compoñente de automoción, así como
participar na especificación de novos circuítos neste ámbito.
Os destinatarios do Curso son Enxeñeiros non especialistas en Electrónica Industrial que pola súa actividade profesional precisen de coñecementos para entender, manexar ou realizar especificacións de funcionamento de equipos electrónicos. Con esta formación, estes enxeñeiros poderán participar en proxectos ou actividades nos que se incorporen ou utilicen dispositivos ou circuítos electrónicos, mellorando a comprensión do funcionamento e optimizando os resultados.
REQUIRIMENTOS DE ACCESO AO TÍTULO: para acceder a este título deberá cumprir algunha das
seguintes condicións: posuír o título de Enxeñeiro Mecánico (Grao ou Máster) ou
equivalente, ter o título de Grao dalgún dos graos que dan acceso o Máster de Enxeñeiro Industrial que non sexa específico de Electrónica Industrial, ter o título de Enxeñeiro Industrial e ter calquera outra titulación Universitaria que a Comisión Académica considere adecuada.
O remate a titulación o alumando terá:
‐ Os coñecementos necesarios para entender e aplicar as especificacións dos circuítos e
sistemas electrónicos que se incorporan nun automóbil.
‐ Coñecementos sobre o funcionamento dos sensores e dos circuítos de acondicionamento de sinal.
‐ A capacidade de entender e aplicar as especificacións dos protocolos de comunicación
utilizados na automoción.
‐ A capacidade para facer e negociar as especificacións funcionais e eléctricas dos
equipos de verificación de funcionamento dos compoñentes electrónicos.
‐ Coñecemento sobre a estrutura e bloques funcionais que forman as unidades de control (ECUs)
dun automóbil.
‐ Habilidade para usar programas informáticos de simulación de circuítos e sistemas
electrónicos.
- CE1 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos electrónicos
- CE2 Coñecer e saber usar os bloques funcionais de Electrónica
- CE3 Saber usar ferramentas informáticas de simulacion de circuitos electrónicos
- CE4 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos de electrónica de potencia
- CE5 Coñecer tecnoloxías de electrónica dixital
- CE6 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microcontroladores
- CE7 Coñecer os fundamentos e aplicacións de sensores no ámbito da automoción
- CE8 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos para a adquisición de datos.
- CE9 Coñecer, identificar e saber usar circuitos e protocolos de comunicación de información en
automoción - CE10 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de adquisición de datos
- CE11 Capacidade para configurar e programar sistemas de adquisición de datos.
- CE12 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de control baseados en microcontroladores
- CE13 Capacidade para programar sistemas de control baseados en microcontroladores
CRITERIOS DE ADMISIÓN e PONDERACIÓN (%):
- Grao ou Máster Enxeñeiro Mecánico: 100%
- Enxeñeiro Industrial: 95%
- Grao que habilita o acceso ao Máster Enxeñeiro Industrial: 90%
- Outras titulacións que a Comisión Académica considere adecuadas: 80%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200073 | Dispositivos electrónicos y electrónica analógica | Obligatoria | 3.72 |
| 200075 | Electrónica de potencia en automoción | Obligatoria | 2.28 |
| 200076 | Electrónica digital y microcontroladores | Obligatoria | 3.00 |
| 200077 | Sensores | Obligatoria | 3.00 |
| 200078 | Electrónica para la adquisición de datos | Obligatoria | 3.00 |
| 200079 | Comunicación de información en automoción | Obligatoria | 3.00 |
| 200080 | Sistemas de adquisición de datos | Obligatoria | 3.00 |
| 200081 | Microcontroladores - Programación | Obligatoria | 3.00 |
| 200082 | Proyecto de sistema electrónico de adquisición de datos | Obligatoria | 3.00 |
| 200083 | Proyecto de sistema electrónico de control basado en microcontrolador | Obligatoria | 3.00 |
A avaliación das materia do curso vaise facer de forma asíncrona. En cada materia haberá un exame de tipo test ou preguntas obxectivas e de desenvolvemento para avaliar os contidos da parte teórica da materia. Este exame será asíncrono e terá que estar realizado polo alumnado unha semana despois de ter rematado o período presencial da materia.
A avaliación completase co informe das prácticas realizadas. O alumnado deberá presentar un documento cos resultados.
Especialista Universitario/a en Electrónica para Componentes de Automoción