Programa universitario para o emprego e a vida autónoma
O Programa ten como obxectivo dotar ao estudantado de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos. As actividades formativas realizaranse no Campus Universitario de Vigo e no Campus Universitario de Ourense en convivencia cotiá coa comunidade universitaria co obxectivo de acadar o enriquecemento que aporta a diversidade. O título desenvólvese en colaboración coas Asociación Down Vigo e Asociación Down Ourense, entidades especializadas na atención a persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual que proporcionan unha resposta á necesidade de familias e persoas con diversidade intelectual.
Estes ensinos están financiado polo Programa Unidiversidad curso 2022-2023: programas universitarios de formación para el empleo dirigidos a jóvenes con discapacidad intelectual, del desarrollo y/o del espectro autista inscritos en el sistema nacional de garantía juvenil da Fundación ONCE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
A admisión será efectuada pola comisión académica do título en base a documentación presentada polas persoas interesadas. Para este e outros aspectos de desenvolvemento do programa, a UVigo contará coas Asociacións Down de Vigo e Ourense e, de ser o caso, con outras entidades da discapacidade. Será esta comisión, tras unha completa avaliación psicopedagóxica, quen valore a idoneidade das personas candidatas e decida a selección do estudantado participante no programa. A Comisión resérvase o dereito a entrevisar ás personas candidatas así como de facer as avaliacións que considere necesarias.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200123 | Habilidades emocionales | Obligatoria | 4.00 |
| 200124 | Matemáticas | Obligatoria | 4.00 |
| 200125 | Cultura y sociedad | Obligatoria | 4.00 |
| 200126 | Expresión y comunicación | Obligatoria | 4.00 |
| 200127 | Comunicación y atención al cliente | Optativa | 3.00 |
| 200128 | Informática aplicada a la gestión de la empresa | Optativa | 4.00 |
| 200129 | Fundamentos de gestión y administración de empresas | Optativa | 3.00 |
| 200130 | Introducción a las finanzas | Optativa | 3.00 |
| 200131 | Inglés | Optativa | 3.00 |
| 200132 | Informática aplicada a la gestión turística del patrimonio cultural | Optativa | 2.00 |
| 200133 | Emprendimiento y fundamentos básicos de empresas turísticas del patrimonio y la cultura | Optativa | 2.00 |
| 200134 | El mundo de la restauración | Optativa | 2.00 |
| 200135 | Turismo termal | Optativa | 2.00 |
| 200136 | Arte y patrimonio y paisajes con arte rupestre | Optativa | 3.00 |
| 200137 | Conocer, difundir y proteger los paisajes con arte rupestre | Optativa | 2.00 |
| 200138 | Inglés Campus Ourense | Optativa | 3.00 |
| 200139 | Prácticas externas | Obligatoria | 22.00 |
Estudo completo
Preinscripción e matrícula Campus de Vigo:
Servizo de Xestión da Extensión Universitaria, Teléfono 986 813 626, Correo-e: extension@uvigo.gal
Preinscripción e matrícula Campus de Ourense:
Área de Servizos á Comunidade, Teléfono 988 387 089, Correo-e: asc-ou@uvigo.gal