Eficiencia Enerxética na Rehabilitación de Edificios
En España, preto de 10 millóns de vivendas necesitan rehabilitación.
Con este curso en liña preténdese ofrecer ao alumno unha visión ampla das últimas técnicas existentes para acadar a eficiencia enerxética nos edificios, especialmente á hora de planificar a súa rehabilitación.
Para iso introdúcese no mundo do BIM e como se pode utilizar para calcular o aforro en demandas enerxéticas, así como para a certificación dos edificios e o seu cumprimento do Código Técnico da Edificación (CTE).
Seguirase explicando as diferentes medidas pasivas que se están aplicando na actualidade, xunto con ferramentas que permitan calculalas, executalas e orzamentalas. Céntrase, especialmente, no illamento e redución de pontes térmicas.
O bloque de medidas activas introduce o alumno no mundo da monitorización de edificios e a súa relación coas instalacións, especialmente térmicas. Tamén se propón o cálculo e orzamento de instalacións de ventilación mecánica, que contribúan a acadar os obxectivos previstos no CTE. Este bloque tamén inclúe unha introdución ao mundo das instalacións fotovoltaicas, con ferramentas de cálculo que achegan o potencial fotovoltaico dos edificios. Se explica tamén como dimensionar unha instalación de calefacción e ACS mediante bomba de calor. Nun último capítulo deste bloque móstrase como afecta a carga do vehículo eléctrico á instalación eléctrica dos aparcamentos do edificio.
Ao final do curso ensínase ao alumno como optar ás axudas de rehabilitación de vivendas.
Preténdese que os estudantes sexan capaces de realizar a certificación e etiquetaxe enerxético dunha vivenda, de desenvolver e aplicar medidas tanto pasivas como activas de eficiencia enerxética, de deseñar, calcular e orzar todas as instalacións presentes na rehabilitación dunha edificación (ventilación, térmicas, fotovoltaicas, vehículo eléctrico,…) e tramitar as subvencións necesarias, especialmente as baseadas en enerxías renovables.
O curso foi plantexado para técnicos interesados na eficiencia enerxética dos edificios: arquitectos e enxeñeiros. O enfoque de cada tema é introducir metodoloxías e tecnoloxías novedosas, polo que non é necesaria experiencia profesional previa. Así, tamén poden ser destinatarios deste
- HE1 e HE0), cálculos de pontes térmicas, medidas pasivas, instalacións fotovoltaicas, instalación de bombas de calor, ventilación mecánica controlada e monitorización de edificios.
Comprensión e dominio dos conceptos sobre aforro e eficiencia enerxética, así como xestión da mesma e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da arquitectura e da enxeñaría enerxética.
Capacidade para a innovación no desenvolvemento de novas liñas, proxectos e produtos no campo da Enxeñaría enerxética.
Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector.
Concibir a enxeñaría nun marco de desenvolvemento sustentable con sensibilidade cara temas medioambientais.
Aplicar coñecementos relacionados coa arquitectura e a enxeñaría nun único proxecto edificatorio de viabilidade económica e enerxética.
Capacidade de interrelacionar tódolos coñecementos adquiridos, interpretándoos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna.
Capacidade de desenvolver un proxecto completo en calquera campo desta enxeñaría, combinando de forma adecuada os coñecementos adquiridos, accedendo ás fontes de información necesarias, realizando as consultas precisas e integrándose en equipos de traballo interdisciplinar..
Capacidade de actualizar os coñecementos máis novedosos no desenvolvemento profesional.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200168 | Eficiencia Energética en la Rehabilitación de Edificios | Obligatoria | 6.00 |
| 200171 | BIM server center II | Obligatoria | 0.40 |
| 200172 | Medidas pasivas I | Obligatoria | 0.40 |
| 200174 | Medidas pasivas II | Obligatoria | 0.40 |
| 200175 | Medidas pasivas III | Obligatoria | 0.40 |
| 200176 | Medidas pasivas IV | Obligatoria | 0.40 |
| 200177 | Monitorización | Obligatoria | 0.30 |
| 200178 | Ventilación mecánica | Obligatoria | 0.40 |
| 200179 | Instalaciones fotovoltaicas I | Obligatoria | 0.40 |
| 200180 | Instalaciones fotovoltaicas II | Obligatoria | 0.40 |
| 200181 | Bomba de calor | Obligatoria | 0.40 |
| 200182 | El vehículo eléctrico | Obligatoria | 0.30 |
| 200183 | Subvenciones y tramitaciones | Obligatoria | 0.20 |
| 200184 | Ejercicios prácticos | Obligatoria | 2.10 |
Para a avaliación do alumnado terase en conta o seguinte:
1º Asistencia ás clases.
2º Realización das tarefas que se lles encomenden. O intercambio de información e a entrega dos traballos xestionarase a través de Moovi.
Diploma de curso avanzado de posgraduado en Eficiencia Eneréxtica na Rehabilitación de Edificios
Gravaranse as clases para que o alumnado poida seguilas e realizar os traballos que se lle entreguen aínda que non poidan asistir a todas as clases de forma sincronizada.