Fundamentos de deseño técnico con Solidworks
Orientado ao alumnado Universitario de segundo ciclo e profesionais cuxa dedicación estea
encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas CAD de última
xeración.
- Adquira os coñecementos imprescindibles para traballar con SolidWorks.
- Familiarícese coa contorna de traballo.
- Coñeza as ferramentas máis comúns.
- Aprenda a debuxar esbozo.
- Realice modelos en 3 dimensións de pezas simples.
- Saiba como realizar a ensamblaxe básica de conxuntos.
- Deseñe planos básicos de pezas e ensamblaxes.
- Saiba realizar análise FEM de pezas simples.
Orientado ao alumnado Universitario, alumnado de formación profesional e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas CAD 3D de última xeración.
As persoas participantes aprenderán a realizar deseños técnicos industriais mediante a aplicación dunha das ferramentas CAD 3D de última xeración máis utilizadas na industria.
Iniciarse nos principios de deseño avanzado asistido por computador.
Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de sólidos.
Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de ensamblaxes.
Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de chapa.
Adquirir capacidades de documentación e integración da información.
Adquirir capacidades básicas para a realización de simulacións FEM.
Resolución de problemas
Creatividade
Uso das TIC
Procura de información
A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200148 | FUNDAMENTOS DE DISEÑO TÉCNICO CON SOLIDWORKS | Obligatoria | 6.50 |
Para a avaliación dos alumnos terase en conta:
1º Asistencia presencial ás clases (polo menos 75% das sesións).
2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos finais asignados que permitan a posta
en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.
Data límite entrega traballos fin de curso (primeira oportunidade): 17/09/2025
Data límite entrega traballos fin de curso (segunda oportunidade): 24/09/2025
Curso de Formación Universitaria en Fundamentos de Deseño Técnico con SolidWorks
Aula informática con capacidade para 30 asistentes. Conexión a Internet para 30
asistentes (necesario para impartir o curso). Cañón proyector e pizarra (con
rotuladores/tizas).
CALENDARIO e HORARIO:
1,2,3, 4 y 5 de setembro, de 9h a 14h. 8,9,10,11,12,15 y 16 de setembro, de 15:30h a 20:30h