Pilates en mat para fisioterapeutas
O Curso Avanzado de Posgrao “Pilates en mat para fisioterapeutas” é unha formación que trata de dar resposta ao interese de estudantes e profesionais de Fisioterapia de acadar unha boa base de coñecementos sobre a aplicación método Pilates no eido clínico asistencial. É unha formación que, normalmente, non ten o seu espazo propio nos plans de estudo de Fisioterapia (na Universidade de Vigo si, como materia optativa), pero si hai moito interese nos seus contidos para levalos á práctica no tratamento de pacientes con distintos tipos de doenzas.
Este interese susténtase, sobre todo, en que o paradigma de tratamento en Fisioterapia deu un xiro nestes últimos anos, favorecendo as chamadas terapias activas. O método Pilates, na súa orientación terapéutica, cumpre con ese requisito. Así, co método Pilates búscase facer aos/ás pacientes partícipes da súa propia recuperación. A súa capacidade de prevención e de tratamento de lesións susténtase na evidencia científica, tendo un papel moi positivo na saúde, non só na dor de costas (lumbalxias ou cervicalxias, por exemplo), senón tamén noutras patoloxías (artrose, osteoporose, esclerose múltiple, etc.) ou na mellora das condicións de certas poboacións específicas (mulleres para a recuperación posparto ou persoas maiores para mellorar mobilidade e equilibrio, por exemplo) ou para mellorar a
postura por malos hábitos posturais, desviacións de columna, etc.
Para lograr este beneficio terapéutico, hai que ter unha boa formación, que é o que se procura ofrecer con este curso, grazas á experiencia dos docentes co método e coa súa aplicación. A formación implicará non só coñecer os exercicios, senón tamén saber facelos e saber aplicalos nos/nas pacientes, adaptándoos ás súas condicións clínicas. Polo tanto, non só é cuestión de coñecer o método Pilates, senón de usalo axeitadamente para que non teña efectos negativos nos/nas pacientes.
- Coñecer os fundamentos do traballo en chan co método Pilates aplicado ao eido clínico.
- Coñecer os exercicios básicos que conforman o repertorio do método Pilates en chan, así comoas súas progresións e adaptacións de cara ao seu emprego clínico.
- Coñecer os exercicios intermedios e avanzados que conforman o repertorio do método Pilates enchan, así como as súas progresións e adaptacións de cara ao seu emprego clínico.
- Programar sesións de tratamento co método Pilates en casos clínicos.
Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia e estudantes de Fisioterapia que, cando menos, no curso 2026-27 estivesen en 3º curso do Grao de Fisioterapia.
Castelán
O alumnado terá os coñecementos básicos dométodo Pilates no chan con finalidade terapéutica, saberá aplicalos a diferentes situacións clínicas e distintas poboacións adaptando os exercicios ás necesidades de pacientes e patoloxías, e saberá programar unha sesión terapéutica individual e en pequeno grupo de tratamento baseada no método Pilates no chan.
Estes coñecementos permitiralle ao alumnado poder utilizar o método Pilates con finalidade terapéutica en diferentes centros laborais: hospitais, centros de saúde, centros de fisioterapia, estudios de Pilates, centros de maiores, clubs deportivos, etc.
- Coñecer os principios nos que se basea o método Pilates con función terapéutica.
- Coñecer as bases anatómicas, biomecánicas e de prescrición de exercicios dentro dasdistintas fases de tratamento en Fisioterapia.
- Coñecer o conxunto de exercicios básicos, intermedios e avanzados do método Pilatesno chan.
- Coñecer e desenvolver as técnicas de comunicación e motivación precisos de cara a levaradiante un tratamento activo cos/coas pacientes.
- Coñecer e aplicar os principios para programar unha sesión de tratamento co método Pilates e dirixila.
- Comprender as distintas partes dunha sesión terapéutica de Pilates e a súa organización.
- Identificar os exercicios de Pilates no chan máis apropiados en diferentes situacións patolóxicas e/ou en distintas poboacións.
- Programar e aplicar unha sesión de tratamento co método Pilates, ben de forma individual, ben en pequeno grupo.
- Coñecer as pautas de seguridade, precaucións e contraindicacións do método Pilates.
- Capacidade para comunicarse oralmente de forma efectiva cos/coas pacientes.
- Manter unha actitude empática cos/coas pacientes.
- Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora continua, así como de adaptación anovas situacións.
- Desenvolverse con creatividade, organización e liderado cos/coas pacientes.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Documento de identificación
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos
- Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.
2) Alumnado do Grao en Fisioterapia de 4º curso.
3) Alumnado do Grao en Fisioterapia de 3º curso.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200373 | Fundamentos del método Pilates | Obligatoria | 0.40 |
| 200661 | Fundamentos de su uso en el ámbito clínico | Obligatoria | 0.60 |
| 200662 | Aplicación práctica de las bases anatómicas, biomecánicas, de análisis postural y del movimiento y del aprendizaje motor | Obligatoria | 0.60 |
| 200663 | Ejercicios básicos, intermedios y avanzados del método Pilates en suelo | Optativa | 3.00 |
| 200664 | Empleo de material complementario | Obligatoria | 0.50 |
| 200666 | Clases en suelo individuales y en pequeño grupo | Obligatoria | 0.60 |
| 200667 | Análisis de casos prácticos y de trabajo en pequeño grupo | Obligatoria | 0.30 |
A avaliación consistirá na entrega de 2 traballos (desenvoltos de forma individual ou por parellas): un de desenvolvemento dunha sesión baseada no método Pilates para un caso clínico exposto polo docente; o segundo, a elaboración dunha clase de Pilates en chan para un pequeno grupo de pacientes (a elección do/da estudante).
Ademais, esixirase unha asistencia, cando menos, do 80% das horas do curso.
Entrega dos traballos antes do 11/05/2027
Diploma de Curso Avanzado de Posgrao en Pilates en Mat para Fisioterapeutas
- Sebastián Jesús Aboal Quintas
- Gustavo Rodríguez Fuentes
Asistencia en roupa deportiva.