Introdución a Solidworks para a Industria do Metal
Curso básico de introdución ao modelado 3D mediante solidworks dirixido a empregados da industria do metal.
Os asistentes a este curso ao finalizalo:
Recoñecerán a metodoloxía de traballo con software de deseño paramétrico.
Terán a destreza de crear bosquexos e modelos sólidos de pezas tridimensionais.
Manexarán as ferramentas de chapa, superficies, peza soldada.
Serán capaces de montar ensamblaxes.
Poderán preparar plantillas, formatos e planos das pezas realizadas.
Terán nocións básicas para avaliar a resistencia dunha peza ou conxunto polo método de
elementos finitos.
Orientado a empregados do sector do metal que queiran aprender a crear modelos tridimensionais e planos empregando software paramétrico de deseño 3D.
Os alumnos saberán manexar unha ferramenta de deseño 3D paramétrico para crear pezas, ensamblaxes, planos e avaliar a resistencia dos seus compoñentes.
- CE1 Capacidade de aplicar as técnicas de deseño paramétrico
- CE2 Capacidade de crear e traballar con croquis e pezas
- CE3 Capacidade de crear ensamblaxes e traballar de xeito organizado
- CE4 Capacidade de crear plantilas e planos
- CE5 Capacidade de avaliar a resistencia estrutural de pezas e ensamblaxes
- CT1 Resolución de problemas
- CT2 Aplicación da informática no ámbito de estudo
- CT3 Análise e síntese
- CT4 Haga clic o pulse aquí para escribir texto.
Valoración do curriculum e, para os estudantes, orde cronolóxica de preinscripción.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200315 | Introducción a Solidwoks para la Industria del Metal | Obligatoria | 7.00 |
Será obrigatoria a asistencia a un mínimo do 75% das horas.
Realizaranse unha serie de exercicios ao longo do curso que o alumno debe entregar de xeito correcto.
Curso de formación universitaria en Introdución a Solidwoks para a Industria do Metal