O IVE na fiscalidade empresarial
Curso de formación relativo ao Imposto sobre o Valor Engadido: estudo da normativa
tributaria que desarrolla a súa aplicación cun enfoque de análise de casos prácticos.
O curso é de interese formativo cunha orientación profesionalizante.
As materias de Fiscalidade Aplicada nos plans de estudo non permiten un
análise extenso da casuística práctica deste imposto (IVE) na realidade cotiá
das empresas.
- Alumnado da Universidade de Vigo dos Graos en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Comercio, Simultaneidade ADE-Dereito, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos
- Titulad@s Universitarios de Diplomatura, Licenciatura ou Grao en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos
- Outr@s membr@s da Comunidade Universitaria da UVigo (alumn@s, PAS ou PDI)
- Profesionais relacionados coa xestión da empresa
Analizar e interpretala normativa tributaria que afecta ás operacións das actividades económicas. Aplica-la normativa do IVE a estudos de caso e identificalas súas consecuencias.
En caso dunha preinscripción moi numerosa, a orde de prioridade para o acceso ó Curso será:
1º. Alumn@s actuais ou xa egresad@s de Titulacións de Empresa, Economía ou Ciencias
Xurídicas da Universidade de Vigo. Na orde de selección priorizaránse aqueles/as alumn@s
con coñecementos previos de fiscalidade, comezando pol@s matriculad@s nos últimos cursos
da titulación
2º. Orde de preinscripción
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200317 | El IVA en la Fiscalidad empresarial | Obligatoria | 1.50 |
Asistencia e participación na resolución comentada de casos prácticos.
O IVE na fiscalidade empresarial