ESTUDOS / Títulos propios

Negociación colectiva e individual no ámbito laboral

Negociación colectiva e individual no ámbito laboral
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais
Área de interés principal: Xurídico Social
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1078/3
Inicio e fin
Calendar 17/09/2024 - 05/12/2024
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 8
Plazas
40
Preinscrición pechada
04/07/2024 - 09/09/2024
Matrícula
17/09/2024 - 05/12/2024
Descripción

Se trata dun Curso organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da
Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.

O Curso ten por obxecto profundar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais.

O curso é semipresencial e ten una duración de 82 horas. Se imparte os martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
64 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Sede da Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, R/García Barbón, nº 72, C.P. 362021, Vigo - plataforma moovi
Horario
martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas
Prezo
Prezo xeral
30,00 €
Alumni Uvigo
27,00 €
Comunidade Uvigo
25,50 €
Persoas desempregadas
25,50 €
Personas discapacitadas
25,50 €

A organización deste curso busca afondar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais. Unha formación especializada en negociación colectiva que proporcione aos seus destinatarios as ferramentas necesarias para poder afrontar os conflictos individuais e colectivos no ámbito laboral coas ferramentas axeitadas.

A negociación colectiva conforma, na actualidade, una das materias máis necesarias de desenvolver, dada a conflictividade laboral froito das situación de crise. Os contidos do presente curso, estruturados en 5 módulos de carácter teórico e práctico, proporcionan uns coñecementos completos e integrais que permiten profundizar no marco normativo necesario para afrontar as situación de conflicto.

Unha vez superado o curso, o estudantado está en posesión das seguintes competencias e habilidades:

1.- Adquirir capacidade para manexar as fontes xurídicas laboráis e o marco normativo da negociación colectiva.
2.- Coñecer as fontes do Dereito da negociación colectiva
3.- Ser que de deseñar estratexias de negociación no contexto do conflicto laboral.
4.- Ser quen de xestionar as situación de conflicto laboral.
5.- Ser quen de intervir en procedementos de negociación colectiva

O curso se estructura en 6módulos, a saber:

  1. concertación social e negociación colectiva;
  2. contidos e plans de igualdade;
  3. comunicación e intelixencia emocional;
  4. aspectos estratéxicos da negociación;
  5. os acordos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos individuais; e
  6. análise de casos reais e práctica.

Posto que o fin último é a formación de profesionais nas técnicas de negociación,as
persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulaciónuniversitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais.

Tamén poderán acceder ao curso as persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.

Este curso aporta un valor engadido aos profesionais das relacións laborais, pois lles permitirá desenvolver tarefas de asesoramento na negociación, técnicas de negociación colectiva, e tamén deseñar estratexias para alcanzar mellores condicións de traballo e ferramentas que reduzan as desigualdades na empresa.

Ser quen de interpretar os conceptos básicos que permiten reflexionar sobre o sentido e alcance da negociación colectiva nas relacións laboráis e no ámbito organizacional.

Ser quen de contextualizar a negociación colectiva no plano normativo internacional, europeo e interno nos distintos ámbitos sociais, en particular, no eido das relacións laborais.

Ser quen de asesorar laboralmente ás entidades empresariais, persoas traballadoras e interlocutores sociais en materia de negociación colectiva.

Ser quen de identificar a negociación colectiva como instrumento de fomento e promoción da mellora das condicións laborais de traballadoras e traballadores.

Ser quen de negociar en situacións de conflicto nas empresas.

Ser quen de identificar a normativa que conforma o dereito colectivo.

Acercar ao alumnado ás estratexias e actuacións dirixidas a promover e fomentar a
negociación colectiva nas empresas.

  1. Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado: 60% ponderación.
  2. Persoas que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde: 40% ponderación.

ID Nome Carácter Creditos
200323 Negociación colectiva e individual en el ámbito laboral Obligatoria 8.00

  • Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas
  • Superación dos cuestionarios teórico-prácticos que corresponden a cada tema do curso

Negociación colectiva e individual no ámbito Laboral

Horario: martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas
Duración: 2 meses.
Datas de iniciación: 17 de setembro de 2024.
Data de finalización: 21 de novembro de 2024.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.