
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1078/4
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
17/09/2025 – 27/11/2025
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
8.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Trátase dun curso organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. O obxectivo é profundar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais.
O curso é semipresencial e ten una duración de 82 horas (64 presenciais e 18 asíncronas). Impártese martes e xoves en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Director/a:
Jaime Cabeza Pereiro, Rosa María Rodríguez Martín Retortillo
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
jcabeza@uvigo.es, rosarodriguez@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado e Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/07/2025 – 10/09/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/09/2025 – 12/09/2025
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
64 horas
Docencia non presencial
18 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
As clases presenciais serán na sede da Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, R/García Barbón, nº 72, C.P. 362021, en Vigo. E as clases online a través da plataforma de teledocencia Moovi
Horario
Martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 30 € | 27 € | 25.5 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
A organización deste curso busca afondar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais. Unha formación especializada en negociación colectiva que proporcione aos seus destinatarios as ferramentas necesarias para poder afrontar os conflictos individuais e colectivos no ámbito laboral coas ferramentas axeitadas.
A negociación colectiva conforma, na actualidade, unha das materias máis necesarias de desenvolver, dada a conflictividade laboral froito das situación de crise.
Os contidos do presente curso, estruturados en 6 módulos de carácter teórico e práctico, proporcionan uns coñecementos completos e integrais que permiten profundizar no marco normativo necesario para afrontar as situación de conflicto.
Unha vez superado o curso, o estudantado estará en posesión das seguintes competencias e habilidades:
- Adquirir capacidade para manexar as fontes xurídicas laboráis e o marco normativo da negociación colectiva.
- Coñecer as fontes do Dereito da negociación colectiva.
- Ser que de deseñar estratexias de negociación no contexto do conflicto laboral.
- Ser quen de xestionar as situación de conflicto laboral.
- Ser quen de intervir en procedementos de negociación colectiva
Destinatarios
Posto que o fin último é a formación de profesionais nas técnicas de negociación, as persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais.
Tamén poderán acceder ao curso persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso, sen que estas superen o 50% do total do alumnado.
Saídas Profesionais
Este curso aporta un valor engadido aos profesionais das relacións laborais, pois lles permitirá desenvolver tarefas de asesoramento na negociación, técnicas de negociación colectiva, e tamén deseñar estratexias para alcanzar mellores condicións de traballo e ferramentas que reduzan as desigualdades na empresa.
Idioma
- Galego (50%)
- Castelán (50%)
Competencias Específicas
- Ser quen de interpretar os conceptos básicos que permiten reflexionar sobre o sentido e alcance da negociación colectiva nas relacións laboráis e no ámbito organizacional.
- Ser quen de contextualizar a negociación colectiva no plano normativo internacional,europeo e interno nos distintos ámbitos sociais, en particular, no eido das relacións laborais.
- Ser quen de asesorar laboralmente ás entidades empresariais, persoas traballadoras einterlocutores sociais en materia de negociación colectiva.
- Ser quen de identificar a negociación colectiva como instrumento de fomento e promoción da mellora das condicións laborais de traballadoras e traballadores.
- Ser quen de negociar en situacións de conflicto nas empresas.
- Ser quen de identificar a normativa que conforma o dereito colectivo.
Competencias Transversais
Acercar ao alumnado ás estratexias e actuacións dirixidas a promover e fomentar a negociación colectiva nas empresas.
Condicións de acceso
1) Titulados/as universitarios.
2) Alumnos/as da universidade.
3) Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4) De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á Universidade.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identificación
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos
Criterios de selección
1) Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado: 60% ponderación.
2) Persoas que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde: 40% ponderación.
Metodoloxía
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200323 | Negociación colectiva e individual en el ámbito laboral | Obligatoria | 8.0 |
Profesorado
Avaliación
- Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas
- Superación dos cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso
Titulación
Diploma de curso de formación universitaria en Negociación colectiva e individual no ámbito Laboral

