Especialista en industria musical
A colaboración da Facultade de Comunicación con distintas entidades do sector musical de Galicia dá lugar a esta proposta de Especialista Universitario en Industria Musical.
Trátase dunha titulación de posgrao que ten como obxectivo formar profesionais nas áreas
fundamentais da industria musical dende una perspectiva multidisciplinar que engloba á
comunicación audiovisual, o marketing, a publicidade, a lexislación, a xestión técnica e o
emprendemento empresarial. Deste xeito conséguese que o egresado ou egresada do título obteña unha visión transversal do sector e poida atender a actual demanda existente no mercado.
O título é plantexado no formato dun título propio de especialista cunha oferta de 30 créditos ECTS teóricos e prácticos que inclúen prácticas curriculares obrigatorias (8 ECTS). A oferta de prácticas suporá un elemento básico da oferta ao contarse co apoio e colaboración das empresas e entidades referentes do sector en Galicia. A idoneidade do formato permite a participación na docencia de profesionais do sector (con recoñecido prestixio e alto nivel de experiencia) en colaboración con profesores da Universidade de Vigo de distintas áreas o que, sen dúbida, será un atractivo engadido da oferta.
A estrutura do curso componse de 8 materias obrigatorias (ademais da correspondente ás
prácticas) que afondan no carácter multidisciplinar xa indicado e que permiten contar cunha visión transversal para comprender de xeito correcto o ecosistema musical, percorrendo os contidos precisos para obter as competencias precisas para o desempeño profesional na escea musical. Os contidos resúmense nos seguintes bloques:
· Iniciación á Industria Musical
· Marketing aplicado á industria musical
· Empresa e emprendemento
· Aspectos legais do sector
· Produción audiovisual
· Produción musical
· Deseño e realización de festivais e concertos
· Lanzamento e desenvolvemento da carreira dun artista.
Debe terse en conta que este título forma parte dunha proposta a longo prazo para consolidar a formación en Industria Musical na Universidade de Vigo como pioneira na universidade galega. Así, formulase un plan no que este curso de especialista formaría parte como un módulo inicial do Máster Propio en Industria Musical no que se está traballando de cara ao curso 2024-2025.
O obxectivo principal do CURSO DE ESPECIALISTA EN INDUSTRIA MUSICAL DA UVIGO é
profesionalizar o sector estratéxico da Industria Musical, buscando cumprir cos requisitos e dar resposta ás necesidades dun sector en constante crecemento e xeradora de novas oportunidades de desenvolvemento profesional e persoal.
Deste xeito, toda a proposta formativa está orientada e deseñada para adquirir as competencias e coñecementos específicos e transversais que se precisan para:
● Entender a complexidade, amplitude e diversidade que compón o sector da industria
musical e colaborar na súa estruturación e profesionalización.
● Desempeñar correctamente as funcións e responsabilidades que compoñen un
proceso de produción musical dende as bases da creación artística ata a promoción
e xestión comercial dos produtos musicais.
● Levar a cabo de xeito profesional o proceso de creación e montaxe de eventos
musicais en distintos contextos, formatos e estilos.
● Saber traballar nas distintas fases do proceso, entendendo o fenómeno como algo
global, transversal e estratéxico.
De todo o anterior, extraemos una serie de obxectivos complementarios xerais que foron tidos en conta no deseño deste curso de especialista e no comezo do proceso para o futuro Máster Propio en Industria musical da UVigo:
(OX1) Estruturación do sector da Industria Musical. A complexidade dun sector tan dinámico e efervescente como o da Industria Musical precisa dunha vertebración transversal que reúna os talentos e profesionais que proveña de distintas áreas de coñecemento. Este curso e o futuro Máster posiciónanse, polo tanto, como un punto de referencia e de encontro de todos os profesionais actuais e futuros do sector.
(OX2) Especialización dos estudios de Grao. O Curso de Especialista permite cumprimentar a oferta académica para a egresados e egresadas da universidade en xeral e da Universidade de Vigo en particular. O Curso permítelles dispoñerde ferramentas de articulación dos seus coñecementos aplicándoos a diferentes campos de desenvolvemento e, de xeito máis concreto, a ocupar postos de responsabilidade estratéxica nas empresas da Industria Musical.
(OX3) Emprendemento no sector da Industria Musical. O Curso de Especialista debe ser unha
proposta académica que sirva de vía de continuación dos estudos de Grao nun contexto de
especialización que permite enfocar o futuro profesional dos titulados e tituladas nun sector de alto crecemento e no que existen novas oportunidades de negocio.
A partires destes obxectivos xerais, podemos concretar e propoñer uns obxectivos complementarios específicos para o CURSO DE ESPECIALISTA EN INDUSTRIAS MUSICAIS:
(OE1). Preparar aos egresados e egresadas para desenvolver labores de especialista en empresas relacionadas con diferentes eidos da industria musical, como discográficas, axencias de management, compañías de produción audiovisual, empresas de marketing e publicidade, empresas de tecnoloxía musical e moitas outras empresas vinculadas directa ou indirectamente con esta industria, dotándoas, ademais, do valor engadido da visión de conxunto que a industria musical precisa para os postos directivos.
(OE2). Capacitar aos egresados e egresadas para emprender o seu propio proxecto, ben artístico ou
ben empresarial, xestionando os procesos no seu conxunto e liderando equipos de traballo en
diversas áreas e proxectos vinculados coa industria musical e de entretemento.
(OE3). Validar os coñecementos de traballadores e traballadoras do sector musical que desenvolven
a súa actividade sen recoñecemento académico e requiren dunha validación que lles permita ter o recoñecemento social axeitado e lles axude á súa propia evolución no contexto laboral, sen esquecer a súa necesidade de reciclaxe e acceso á actualización de coñecementos que atoparán nesta formación.
Cumpriríanse así as esixencias dos resultados de aprendizaxe do nivel EQF-7 doMarco Europeo de Cualificacións para a Aprendizaxe Permanente
O título ten un carácter introductorio e xeral aberto a una grande variedade de perfís. Sen embargo, a efectos de exemplo, enténdese que os perfís habituais serán os seguintes:
a) Graduado e graduada dun título relacionado coas Ciencias Sociais, a Música ou calquera outro tipo de estudios superiores que pretenda desenvolver a súa carreira profesional no eido da Industria Musical.
b) Profesionais do sector musical e audiovisual que busquen recoñecemento formativo da súa
experiencia e capacidades.
c) Músicos e músicas que busquen desenvolver a súa carreira profesional na Industria musical.
d) Melómanos e melómanas que busquen desenvolver a súa carreira profesional ou, simplemente, mellorar os seus coñecementos no relativo á Industria Musical.
Búscase que os egresados e egresadas do curso de especialista desenvolvan os seguintes perfís profesionais froito dunha formación especializada inicial que poderá ser ampliada co futuro Máster:
Profesional do ámbito artístico. Adecuándose aos cambios no perfís dos artistas, que non só desenvolven a parte musical senón a xestión do seu propio proxecto, este curso habilitará para poñer en marcha actividades artísticas musicais. O profesional deberá dominar técnicas de produción, gravación, mesturas e masterización pero tamén ten coñecementos de marketing, management, comunicación e xestión empresarial. Neste caso trátase dun profesional cun valor engadido claro e cunha capacidade competitiva adicional.
Music Business e emprendedor musical. Tendo en conta a importancia crucial deste perfil no sector, trabállase na posibilidade de xestión de artistas, bandas, festivais, axencias artísticas e eventos musicais en xeral como áreas de negocio fundamentais na Industria Musical. Como elemento común a todos os perfís, formúlase cunha visión transversal do negocio que reúne management, organización de eventos, creación empresarial e emprendemento, marketing e comunicación e que permiten o desenvolvemento de proxectos empresariais de éxito.
Coñecer e comprender o funcionamento da industria musical, en todos os seus ámbitos, entendendo a súa cadea de valor e o rol dos diferentes axentes que interveñen nela e nos seus modelos de negocio.
Capacidade de identificar o talento e as aptitudes dunha artista para proxectalas no desenvolvemento dunha carreta artística
Capacidade de identificar os elementos de valor dun proxecto musical
Capacidade de análise de mercado e planificación estratéxica para a xestión de proxectos musicais empregando as ferramentas de marketing e comunicación actuais e futuras.
Capacidade de planificación estratéxica de campañas de comunicación específicas para proxectos musicais de diversos tipos.
Coñecer e comprender os aspectos fundamentais dos procesos e a tecnoloxía empregada na produciónmusical e en eventos musicais en vivo sendo capaz de aplicar as prácticas actuais, tamén para contidosaudiovisuais.
Coñecer e comprender o funcionamento dos diferentes formatos para a distribución de música tanto enformato analóxico, como a realizada con elementos electrónicos, como a de carácter dixital, permitindo o desenvolvemento de proxectos musicais en coordinación cos demáis sectores da indiustria.
Coñecer e comprender os aspectos legais dos procesos da industria musical, as tipoloxías de contratos
e as relacións contractuales entre os diferentes actores da escena musical.
Coñecer e comprender os procesos implicados na auto-edición e auto-xestión musical, sendo capaz de planificar os correspondentes procesos para levar a cabo un proxecto dixital dese tipo.
Coñecer e comprender os procesos implicados no emprendemento musical, as diferentes tipoloxías de empresas do sector e identificar oportunidades de negocio sendo capaz de deseñar, desenvolver e coordinar proxectos empresariais no eido da Industria Musical.
Coñecer e comprender os procesos implicados na xestión de concertos e xiras, deseñando, planificando e organizando todos os elementos doevento, así como o lanzamento e seguemento de artistas.
Ser capaces de aplicar técnicas e estratexias para mellorar o rendemento e a produtividade dos equipos no ámbito musical
Ser capaz de desenvolver habilidades de xestión e dirección de proxectos na industria musical.
Identificar capacidades de liderado e desenvolvelas nun equipo multidisciplinar para organizar un evento musical
Coñecer, comprender e integrar a sustentabilidade nos procesos da industria musical
Formar parte dun equipo multidisciplinar no ámbito da organización de eventos musicais
Analizar a situación actual da industria musical e as desigualdades existentes
Deseñar estratexias para promover a igualdade, a inclusión e a diversidade na industria musical
Para o procedemento de admisión os solicitantes serán diferenciados en dous grupos:
a) Candidatos que accedan como Graduados (título universitario) ou estudantes
universitarios (máis de 120 créditos ECTS).
b) Candidatos que accedan como profesionais de acreditada experiencia laboral
relacionada coas compentecias do curso.
No primeiro caso (a) o 50% da puntuación para a admisión dependerá do expediente académico e no segundo caso (b) o 50% dependerá da experiencia profesional. Nos dous casos (a e b) valorase cun 30% co curriculum profesional cun 20% unha memoria elaborada polo candidato na que propoña un proxecto musical.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200324 | Industria musical, artistas y espectáculos | Obligatoria | 1.00 |
| 200325 | Introducción a la planificación estratéxica de la comunicación en la industria musical | Obligatoria | 1.00 |
| 200326 | Marketing, estrategia y creatividad 1 | Obligatoria | 4.00 |
| 200327 | Producción audiovisual para la industria musical 1 | Obligatoria | 3.00 |
| 200328 | Aspectos legales en la industria musical 1 | Obligatoria | 2.00 |
| 200329 | Emprendimiento en empresas en la industria musical 1 | Obligatoria | 3.00 |
| 200330 | Diseño y realización de festivales de música, conciertos, ciclos y giras 1 | Obligatoria | 3.00 |
| 200331 | Talleres de lanzamiento de una artista y de organización de un festival 1 | Obligatoria | 2.00 |
| 200332 | Producción y grabación musical | Obligatoria | 3.00 |
| 200333 | Prácticas en empresas | Obligatoria | 8.00 |
Estudo completo
Especialista Universitario/a en industria musical
http://eafp.uvigo.gal