Innovación no modelo de negocio da nova mobilidade

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismoCódigo: TCS:1101/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

23/10/2023 – 07/02/2024

Modalidade

Presencial / virtual

Créditos ECTS

15.0 ECTS

Estado

Finalizado

25 prazas

 

Descrición

A Facultade de Comercio na cidade de Vigo impartirá esta acción formativa, que é unha aproximación dende as ciencias sociais, aos retos que plántea a mobilidade do futuro prestando especial atención á cultura emprendedora, aos novos modelos de negocio e á innovación no desenvolvemento de solucións de mercado e novas propostas de marketing.

A mobilidade Autónoma, Conectada, Eléctrica e Compartida (Shared) condicionará moito a actividade empresarial no futuro próximo. A innovación desta proposta pretende ofrecer unha aproximación desde as ciencias sociais aos retos que expón a mobilidade do futuro. Prestarase especial atención á cultura emprendedora, aos novos modelos de negocio e á innovación tanto no desenvolvemento de solucións de mercado como de propostas de márketing. A perspectiva será eminentemente centrada na mobilidade urbana, pero tamén se exporán outro tipo de formulacións e abordarase non só a mobilidade de persoas, senón tamén de produtos (loxística). Por tanto, ofrece unha aposta formativa innovadora da mobilidade do futuro cun forte compoñente multidisciplinar e holístico, pero desde unha perspectiva do ámbito económico-empresarial, sen obviar as áreas tecnolóxicas e dixital.a Facultade de comercio ten no seu ADN a aproximación multidisciplinar á docencia, incluíndo formación en negocios, TIC e idiomas, ademais das clásicas materias do ámbito da economía da empresa e conta con profesorado moi activo no desenvolvemento de proxectos, xa sexa do ámbito TIC ou do ámbito de empresas, con especial énfase no campo da mobilidade.

60 horas serán en formato virtual síncrono en calquera das modalidades, despois o alumnado poderá decidir nas restantes 90 horas de docencia, se acudir presencialmente ás aulas, ou seguir o curso de maneira virtual síncrona. 

 

Director/a:

Jesús F.Lampón Caride / Pablo Cabanelas Lorenzo

Email contacto:

jesus.lampon@uvigo.gal, pcabanelas@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Escola Aberta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/09/2023 – 06/10/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
09/10/2023 – 16/10/2023

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

90 horas

Docencia non presencial

60 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade de Comercio e on line a través da Plataforma Moovi

 

Horario

Luns e martes de 17:00h – 21:00h e mércores de 18:00h – 21:00h

60 horas serán en formato virtual síncrono en calquera das modalidades, despois o alumnado poderá decidir nas restantes 90 horas de docencia, se acudir presencialmente ás aulas, ou seguir o curso de maneira virtual síncrona. 

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
0 € 0 € 0 €

Observacións aos prezos
Formación gratuita, 100% subvencionada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

 

Obxectivos

Os obxectivos do curso son proporcionar aos participantes unha comprensión profunda dos cambios que se producen na industria da mobilidade, incluíndo as habilidades emerxentes e o impacto da dixitalización e as prácticas de sustentabilidade nesta revolución.Ensinaranse metodoloxías de referencia para abordar os retos que supón o cambio disruptivo na mobilidade.Abordaranse temas de innovación e creatividade, entre os que se inclúen os patróns de comportamento dos usuarios de mobilidade e os cambios que sufriron ao longo dos anos, así como os conceptos fundamentais que deben ter en conta os responsables das empresas e as administracións públicas para acadar un maior rendemento na innovación.O curso tamén abordará elementos clave no desenvolvemento de novas solucións de mobilidade, como a intelixencia empresarial, o big data ou a aprendizaxe automática, entre outros.No que respecta á temática de mercadotecnia, farase fincapé nas novas capacidades necesarias para competir nun entorno practicamente novo, que require a modificación das prácticas tradicionais e das formas de competir, onde o marketing dixital e as apps terán un gran impacto.Por último, exploraranse os cambios e exporanse os modelos de negocio que veñen coa mobilidade ACES. Neste sentido, ofreceranse múltiples solucións dispoñibles no mercado en España e no estranxeiro.

 

Destinatarios

Esta formación está dirixida a todo tipo de participantes que teñan polo menos o título de ESO. No caso de que a demanda de prazas sexa superior á oferta, valorarase experiencia profesional no sector ou ámbitos afines, estar en posesión do título de bacharelato, FP ou título universitario de ciencias sociais ou técnicas.

 

Saídas Profesionais

  • Experto/a en mercadotecnia dixital no eido da mobilidade.
  • Emprendedor/a en novos modelos de negocios da mobilidade.
  • Xestor/a de innovación ou I+D en empresas relacionadas coa mobilidade.
  • Consultor/a de modelos de negocio en mobilidade.

 

Competencias Específicas

  • Coñecer que son a dixitalización, a transformación dixital e a industria 4.0, e cales son os seus principais facilitadores tecnolóxicos no sector da mobilidade.
  • Coñecer os mecanismos, tipoloxías e patróns de innovación no mundo empresarial, e ser capaz de aplicalos para analizar e deseñar innovacións no ámbito da mobilidade.
  • Ser capaz de deseñar estratexias de xestión da innovación no ámbito da mobilidade
  • Coñecer e ser capaz de aplicar metodoloxías de xestión e desenvolvemento de proxectos no contexto de proxectos relacionados co sector da mobilidade.
  • Ser capaz de deseñar estratexias de mercadotecnia, incluíndo marketing dixital e mercadotecnia de produtos innovadores no ámbito da mobilidade.
  • Comprender e ser capaz de deseñar novos modelos de mobilidade ou liderar a transformación dos modelos de negocio existentes cara a modelos de negocio dixitais, e/ou baseados na servitización (Mobility-as-a-Services).

 

Competencias Transversais

  • Trabajo en equipo.
  • Iniciativa y espíritu emprendedor.
  • Capacidad de análisis y síntesis.

 

Condicións de acceso

Poderán inscribirse persoas sen necesidade de EBAU ou formación universitaria previa.

1) Titulación ou experiencia profesional

1.1) Titulados/as universitarios en ámbitos tecnolóxicos

1.2) Titulados/as de ciclos medio ou superior en ámbitos tecnolóxicos

1.3) Estudantado de grao universitario en ámbitos tecnolóxicos 

1.4) Profesionais técnicos directamente relacionados coa temática do curso.

1.5) Profesionais en xeral do ámbito tecnolóxico industrial

2) Coñecementos básicos en informática


Documentación requirida:

1) Documento de identificación (Nome, DNI, situación laboral etc.)/ etc.)

2) Copia do título ou certificado de estudos previos ou en curso (Se ha lugar)

3) Documentación acreditativa de experiencia laboral (Se ha lugar)

4) Documentación acreditativa de coñecementos previos básicos de informática (titulacións materias cursadas relacionadas). Na súa falta, explicación textual do alcance dos devanditos coñecementos.

 

Criterios de selección

Orde de solicitude 60%

Cumplimento dos requisitos de acceso 40%

Ponderación:

1) Título de ESO: 10%

2) Experiencia profesional previa nese ámbito: 25%

3) Título FP nalgún ámbito da formación: 15%

4) Estudantado de grado ou posgrado no ámbito xuridico-social ou tecnolóxico: 25%

5) Posesión do título de bachiller: 20%

6) FP ou universitario noutro ámbito: 5%

 

Metodoloxía

Bloque I Introdución 

1 Conceptos xerais

  • Evolución da cadea de valor da mobilidade. A transformación desde a Automoción tradicional ata a Mobilidade Avanzada e Estendida Competencias Emerxentes. A Dixitalización e sustentabilidade como impulsores da nova mobilidade
  • Dixitalización e Transformación Dixital no sector do transporte, a mobilidade, a loxística e as infraestruturas vinculadas
  • Outros contidos: Big Data, Internet of Things (IoT), Machine learning, Computación na nube (Cloud), Blockchain 
  • Outros contidos: Business Intelligence, Business Analytics,
  • Industria 4.0 e a súa aplicación no sector do transporte, a mobilidade, a loxística e as infraestruturas vinculadas

2 Metodoloxías de xestión e desenvolvemento de proxectos e emprendemento aplicados ao sector do transporte, a mobilidade, a loxística e as infraestruturas vinculadas

  • Introdución á Xestión de Proxectos [PMBOK]
  • Agile, Kanban, Lean, Scrum, Agile Marketing
  • Emprendemento (Lean Start-up)
  • Bloque II Innovación e creatividade

3-Xestión da innovación na mobilidade

  • Modelos e patróns de innovación e penetración de mercados aplicados ao sector da mobilidade
  • Xestión da innovación tecnolóxica aplicada ao sector da mobilidade
  • Innovación aberta e co-creación: da idea ao produto innovador
  • Xestión de equipos multidisciplinares. Ferramentas dixitais
  • Ferramentas avanzadas de innovación e creatividade (Design Thinking, Lean StarUp, SCAMPER etc.)/ etc.)

4-Marketing e comunicación dixital e aplicación ao sector do transporte, mobilidade, loxística e infraestruturas vinculadas [Marketing e comunicación dixital na nova mobilidade]

  • O desenvolvemento estratéxico e a implementación operativa das estratexias de márketing
  • O márketing dixital
  • Marketing de innovacións tecnolóxicas.
  • As apps e o seu desenvolvemento como ferramenta de comunicación
  • Casos de éxito de aplicación de márketing dixital

Bloque III Novos modelos de negocio

5-Modelos de negocio na nova mobilidade

  • A evolución do transporte urbano e a tendencia cara á servitización 
  • Modelos de negocio dixital. Product-as-a-service (PaaS) e as súas aplicacións na o sector da mobilidade [MaaS]
  • Novos modelos de negocio de mobilidade de persoas
  • Tendencias na mobilidade de produtos: loxística de primeira e última milla
  • Casos de éxito de iniciativas en España e Galicia

 

Materias

id nome caracter créditos
200336 Innovación en el modelo de negocio de la nueva movilidad Obligatoria 15.0

 

Profesorado

Profesorado da Uvigo: 
  • Jesús Fernando Lampón Caride
  • Pablo Cabanelas Lorenzo
  • Roberto Chico Tato
  • Maria Dolores Docampo Diéguez
  • Emilio García Roselló 
  • Alberto Tielas Macía
  • Manuel José Fernández Iglesias
  • María Iciar Goicoechea Castaño
Profesorado externo: 
  • José Cabanelas Omil
  • Antía Fernández López
  • Josefina Alonso Nocelo
  • Pablo Osorio Diéguez
  • Ana María Adán Míguez
  • Antonio Soto
  • Jorge Costas Otero
  • Diego Parajó Naveira
  • Adrián Pena González
  • Pedro Martínez Vergés
  • Emilio Froján Fernández

 

Avaliación

  • Exame de preguntas específicas.
  • Elaboración dun proxecto.

 

Titulación

Diploma de curso de formación universitaria en innovación no modelo de negocio da nova movilidade

 

Máis información

http://eafp.uvigo.gal