ESTUDOS / Títulos propios

Innovación no modelo de negocio da nova mobilidade

Innovación no modelo de negocio da nova mobilidade
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismo
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1101/2
Inicio e fin
Calendar 14/10/2024 - 22/01/2025
Modalidade
Modalidade Semipresencial
Créditos ECTS
ECTS 15
Plazas
35
Preinscrición pechada
05/09/2024 - 13/10/2024
Matrícula
14/10/2024 - 22/01/2025
Descripción

A mobilidade Autónoma, Conectada, Eléctrica e Compartida (Shared) condicionará moito a actividade empresarial no futuro próximo. A innovación desta proposta pretende ofrecer unha aproximación desde as ciencias sociais aos retos que expón a mobilidade do futuro. Prestarase especial atención á cultura emprendedora, aos novos modelos de negocio e á innovación tanto no desenvolvemento de solucións de mercado como de propostas de márketing.

A perspectiva será eminentemente centrada na mobilidade urbana, pero tamén se exporán outro tipo de formulacións e abordarase non só a mobilidade de persoas, senón tamén de produtos (loxística). Por tanto, ofrece unha aposta formativa innovadora da mobilidade do futuro cun forte compoñente multidisciplinar e holístico, pero desde unha perspectiva do ámbito económico-empresarial, sen obviar as áreas tecnolóxicas e dixital.

a Facultade de comercio ten no seu ADN a aproximación multidisciplinar á docencia, incluíndo formación en negocios, TIC e idiomas, ademais das clásicas materias do ámbito da economía da empresa e conta con profesorado moi activo no desenvolvemento de proxectos, xa sexa do ámbito TIC ou do ámbito de empresas, con especial énfase no campo da mobilidade.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
150 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Facultade de comercio e on line a través da Plataforma Moovi
Horario
Luns e martes de 17:00h - 21:00h e mércores de 18:00h - 21:00h
Prezo
Prezo xeral
900,00 €
Alumni Uvigo
810,00 €
Comunidade Uvigo
765,00 €
Persoas desempregadas
765,00 €
Personas discapacitadas
765,00 €

Os obxectivos do curso son proporcionar aos participantes unha comprensión profunda dos cambios que se producen na industria da mobilidade, incluíndo as habilidades emerxentes e o impacto da dixitalización e as prácticas de sustentabilidade nesta revolución.
Ensinaranse metodoloxías de referencia para abordar os retos que supón o cambio disruptivo na mobilidade.

Abordaranse temas de innovación e creatividade, entre os que se inclúen os patróns de comportamento dos usuarios de mobilidade e os cambios que sufriron ao longo dos anos, así como os conceptos fundamentais que deben ter en conta os responsables das empresas e as administracións públicas para acadar un maior rendemento na innovación.

O curso tamén abordará elementos clave no desenvolvemento de novas solucións de mobilidade, como a intelixencia empresarial, o big data ou a aprendizaxe automática, entre outros.
No que respecta á temática de mercadotecnia, farase fincapé nas novas capacidades necesarias para competir nun entorno practicamente novo, que require a modificación das prácticas tradicionais e das formas de competir, onde o marketing dixital e as apps terán un gran impacto.

Por último, exploraranse os cambios e exporanse os modelos de negocio que veñen coa mobilidade ACES. Neste sentido, ofreceranse múltiples solucións dispoñibles no mercado en España e no estranxeiro.

Esta formación está dirixida a todo tipo de participantes que teñan polo menos o título de ESO.

No caso de que a demanda de prazas sexa superior á oferta, valorarase experiencia profesional no sector ou ámbitos afines, estar en posesión do título de bacharelato, FP ou título universitario de ciencias sociais ou técnicas.

Experto/a en mercadotecnia dixital no eido da mobilidade.

Emprendedor/a en novos modelos de negocios da mobilidade.

Xestor/a de innovación ou I+D en empresas relacionadas coa mobilidade.

Consultor/a de modelos de negocio en mobilidade.

Coñecer que son a dixitalización, a transformación dixital e a industria 4.0, e cales son os seus principais facilitadores tecnolóxicos no sector da mobilidade.

Coñecer os mecanismos, tipoloxías e patróns de innovación no mundo empresarial, e ser capaz de aplicalos para analizar e deseñar innovacións no ámbito da mobilidade.

Ser capaz de deseñar estratexias de xestión da innovación no ámbito da mobilidade

Coñecer e ser capaz de aplicar metodoloxías de xestión e desenvolvemento de proxectos no contexto de proxectos relacionados co sector da mobilidade.

Ser capaz de deseñar estratexias de mercadotecnia, incluíndo marketing dixital e mercadotecnia de produtos innovadores no ámbito da mobilidade.

Comprender e ser capaz de deseñar novos modelos de mobilidade ou liderar a transformación dos modelos de negocio existentes cara a modelos de negocio dixitais, e/ou baseados na servitización (Mobility-as-a-Services).

Trabajo en equipo.

Iniciativa y espíritu emprendedor.

Capacidad de análisis y síntesis.

PONDERACIÓN:

  1. Título de ESO: 10%
  2. Experiencia profesional previa nese ámbito: 25%
  3. Título FP nalgún ámbito da formación: 15%
  4. Estudantes de grado ou posgrado no ámbito xuridico-social ou tecnolóxico: 25%
  5. Posesión do título de bachiller: 20%
  6. FP ou universitario noutro ámbito: 5%

ID Nome Carácter Creditos
200336 Innovación en el modelo de negocio de la nueva movilidad Obligatoria 15.00

Exame de preguntas específicas.
Elaboración dun proxecto.

Innovación no modelo de negocio da nova mobilidade

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.