ESTUDOS / Títulos propios

Comunicación Dixital para a Mobilidade

Comunicación Dixital para a Mobilidade
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemas
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Ciencias
Código: 1108/1
Inicio e fin
Calendar 08/01/2024 - 06/06/2024
Modalidade
Modalidade Virtual mixta
Créditos ECTS
ECTS 15
Plazas
45
Preinscrición pechada
07/09/2023 - 20/12/2023
Matrícula
18/12/2023 - 22/12/2023
Descripción

Este curso permitirache obter coñecementos especializados nas estratexias e tácticas de marketing dixital actuales tanto xerais como específicas para o sector de transporte. Aprenderás a utilizar as ferramentas e plataformas dixitais máis efectivas para a promoción de calquera tipo de produto ou servizo, coma as redes sociais, publicidade en liña, marketing por correo electrónico, optimización de motores de cerca (SEO) entre outras. Estas habilidades permitiranche chegar de maneira efectiva ao público obxectivo das accións que realices, aumentar a visibilidade da túa empresa e xerar leads e conversións.

Aprenderás a desenvolver unha estratexia de marketing dixital que te axude dunha forma coherente e eficiente e destaque as túas fortalezas e propostas de valor únicas. Tamén aprenderás a definir a túa audiencia e a crear contido relevante no teu nicho de mercado e atraer a clientes potenciais.

Outra competencia clave neste curso será a de aprender a medir e analizar os resultados das túas accións de marketing dixital coñecendo as métricas máis habituais e distintas ferramentas de análise que che permitirán avaliar o desempeño das túas campañas e tomar decisións informadas para mellorar as túas estratexias en tempo real. Esta capacidade de análise axudarache a optimizar as túas inversións en marketing e a maximizar o retorno da inversión (ROI) da túa empresa.

En resumen, poderás adquirir habilidades especializadas para promover e por en valor a túa empresa nun entorno dixital chegando de xeito efectivo ao teu público obxectivo establecendo unha sólida presencia en liña, coa capacidade para medir e analizar os teus resultados e personalizar as túas estratexias de marketing. Estas habilidades permitiranche destacar no mercado competitivo do transporte ou outros sectores, sendo capaz de atraer a novos clientes.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
150 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Informática, Campus de Ourense e plataformas de telefomación: Web Uvigo + EVOLCAMPUS + ZOOM PROFESIONAL
Horario
Luns de 17:30h a 21:30h e Xoves de 17:30 ha 21:30h
Prezo
Prezo xeral
900,00 €
Alumni Uvigo
810,00 €
Comunidade Uvigo
765,00 €
Persoas desempregadas
765,00 €
Personas discapacitadas
765,00 €

O curso de Comunicación Dixital para a Mobilidade (CDM) ten como obxectivo formar aos estudantes en tódolos temas relacionados coas Tecnoloxías Dixitais, a súa aplicación nos diferentes sectores e a posta en práctica polas empresas.

Dar a coñecer e aplicar estratexias de Marketing e comunicación dixital e a súa aplicación no seu día a día mediante a adquisición de coñecementos tanto de tecnoloxías, estratexias de Marketing como de sistemas de información.

Coñecer e adquirir experiencia coas plataformas de información máis utilizadas polas empresas para que aprendan o seu uso de cara ao mundo laboral.

Saber identificar a satisfacción e necesidades dos usuarios para que podan adaptar de mellor maneira o seu produto ao usuario final mediante as indicacións e recomendacións dos usuarios.

A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito da comunicación dixital independentemente de que tivese ou non acceso a unha titulación universitaria. Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan empregar ditos coñecementos e habilidades no mundo laboral, en empresas que empregan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz no ámbito das comunicacións dixitais.

Se se posúen titulacións universitarias o aproveitamento desde curso é moito maior dado que desa forma pódese conxugar os coñecementos propios dun campo específico cos de comunicación dixital vistos neste curso.

  • Tecnoloxías Dixitais.
  • Marketing.
  • Sistemas e Solucións Dixitais.
  • Mellora de Satisfacción do Usuario.

Coñecer as estratexias de marketing e a información sobre as diferentes tecnoloxías dixitais e a súa aplicación nas empresas.

Traballar en equipo no ámbito da comunicación dixital dunha empresa proporcionando axuda ao equipo cunha estratexia axeitada.

Coñecer e empregar as aplicacións e solucións dixitais de comunicación orientadas ao transporte e a outras industrias.

Coñecer e promocionar os sistemas de Carsharing e Carpooling.

Coñecer e deseñar sistemas de información ao viaxeiro e satisfacción dos usuarios e a súa promoción de marketing.

Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.

Capacidade de traballo en equipo.

Capacidade de Organización e planificación en base a información obtida.

Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.

CRITERIOS DE ADMISIÓN:

  1. Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%
  2. Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%
  3. Entrevista personal e cuestionario: 40%

    DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

  4. Cubrir formulario de admisión sobre criterios de actividade profesional
  5. Cubrir formulario de admisión sobre criterios de formación
  6. DNI
  7. Título ou certificado de estudos
  8. Currículum vítae

ID Nome Carácter Creditos
200360 Comunicación Digital para la Movilidad Obligatoria 15.00

A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten.
No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non superalo.

Comunicación Dixital para a Mobilidade