Dixitalización do Sector de Transporte e Loxística
Este curso permitirache coñecer todo o relativo aos distintos ámbitos relativos a actividade propia dun xestor de transporte: fiscal, comercial, civil, mercantil, laboral… Abortando os fundamentos necesarios de cada un destes aspectos e unha visión concreta da automatización e dixitalización documental asociada a ditos procesos.
Isto inclúe os fundamentos propios deste sector e das tecnoloxías relacionadas como por exemplo con conceptos como a fiestra única dixital, os documentos de transporte electrónicos (E-Transport Documents), o software de xestión empresarial ou ERP, a carta de porte dixital (eCMR), as bolsas de carga dixital, os sistemas de etiquetado dixital, o tacógrafo dixital e o intercambio electrónico de datos (EDI) entre outros.
Outra vantaxe clave deste curso é a comprensión sobre a dixitalización sostible e a súa aplicación no sector do transporte para unha mellora continua nos procesos e unha toma de decisións baseada en datos e permitirache comprender como a tecnoloxía pode mellorar a seguridade e a eficiencia en situacións de alta presión.
No curso abordaranse, ademais, as dimensións éticas e políticas da dixitalización, o que brinda ademais unha perspectiva integral para comprender os desafíos e oportunidades asociados coa transformación dixital neste sector.
Este curso permite adquirir unha parte dos coñecementos básicos necesarios para a formación básica dun perfil profesional de xestor de transporte.
O curso de Dixitalización do Sector de Transporte de Loxística (DSTL) ten coma obxectivo formar ao estudante con coñecementos sobre a dixitalización da información e dos diferentes sistemas que axudan ao usuario a visualizar e interpretar a información co obxectivo de tomar decisións adecuadas.
Coñecer e aplicar as tarefas do persoal encargado da xestión do transporte nunha empresa.
Coñecer os diferentes tipos de documentos e procedementos de comunicación dixital e aprender a utilizalos de forma correcta e eficiente para o mundo laboral.
Aprender sobre a dixitalización sostible e as diferentes estratexias que se poden levar a cabo para unha implantación máis óptima da xestión do transporte.
Coñecer as dimensións éticas e profesionais do sector.
A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo no ámbito da Dixitalización, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito da Dixitalización de datos sen a necesidade de ter unha titulación universitaria. Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan acceder a brindar os seus coñecementos e habilidades ao mundo laboral das empresas que utilizan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz empregando ferramentas de Dixitalización.
- Coñecemento e aplicación da Dixitalización Documental e a aplicación ao sector do transporte, mobilidade, loxística e infraestruturas.
- Aplicación dunha dixitalización sostible e a aplicación na empresa.
- Automatización dos sistemas de dixitalización.
Coñecer as estratexias e a información sobre a Dixitalización e a súa aplicación nas empresas.
Traballar en equipo xestionando o ámbito da Dixitalización dunha empresa e proporcionando axuda ao equipo cunha estratexia adecuada.
Por en práctica os coñecementos sobre Dixitalización.
Coñecer e empregar o Sistema EDI.
Coñecer e aplicar a Carta de Porte Dixital.
Aprender sobre o Software de Xestión Empresarial (ERP).
Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
Capacidade de traballo en equipo.
Capacidade de Organización e planificación en base a información obtida.
Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.
CRITERIOS DE ADMISIÓN:
- Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%
- Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%
- Entrevista personal e cuestionario: 40%
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Cubrir formulario de admisión sobre criterios de actividade profesional
- Cubrir formulario de admisión sobre criterios de formación
- DNI
- Título ou certificado de estudos
- Currículum vítae
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200361 | Digitalización del Sector de Transporte y Logística | Obligatoria | 15.00 |
A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten.
No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non superalo.
Dixitalización do Sector do Transporte e Loxística