Dixitalización do sector do transporte e loxística

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1110/3
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias

Inicio e fin

14/10/2024 – 03/05/2025

Modalidade

Presencial / virtual

Créditos ECTS

15.0 ECTS

Estado

Matrícula

45 prazas

 

Descrición

Este curso permitirache coñecer todo o relativo aos distintos ámbitos relativos a actividade propia dun xestor de transporte: fiscal, comercial, civil, mercantil, laboral… Aportando os fundamentos necesarios de cada un destes aspectos e unha visión concreta da automatización e dixitalización documental asociada a ditos procesos. Isto inclúe os fundamentos propios deste sector e das tecnoloxías relacionadas como por exemplo con conceptos como a fiestra única dixital, os documentos de transporte electrónicos (E-Transport Documents), o software de xestión empresarial ou ERP, a carta de porte dixital (eCMR), as bolsas de carga dixital, os sistemas de etiquetado dixital, o tacógrafo dixital e o intercambio electrónico de datos (EDI) entre outros. Outra vantaxe clave deste curso é a comprensión sobre a dixitalización sostible e a súa aplicación no sector do transporte para unha mellora continua nos procesos e unha toma de decisións baseada en datos e permitirache comprender como a tecnoloxía pode mellorar a seguridade e a eficiencia en situacións de alta presión.

No curso abordaranse, ademais, as dimensións éticas e políticas da dixitalización, o que brinda ademais unha perspectiva integral para comprender os desafíos e oportunidades asociados coa transformación dixital neste sector. Este curso permite adquirir unha parte dos coñecementos básicos necesarios para a formación básica dun perfil profesional de xestor de transporte.

 

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

franjrm@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
05/09/2024 – 10/10/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
05/09/2024 – 11/10/2024

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

150 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Informática, Campus de Ourense e plataformas de telefomación: Web Uvigo + EVOLCAMPUS + ZOOM PROFESIONAL

 

Horario

Martes de 17:30h a 21:30h e Mércores de 17:30h a 21:30h

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
0 € 0 € 0 €

Observacións aos prezos
Formación gratuita, 100% financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

 

Obxectivos

  • O curso de Dixitalización do Sector de Transporte de Loxística (DSTL) ten coma obxectivo formar ao estudante con coñecementos sobre a dixitalización da información e dos diferentes sistemas que axudan ao usuario a visualizar e interpretar a información co obxectivo de tomar decisións adecuadas.
  • Coñecer e aplicar as tarefas do persoal encargado da xestión do transporte nunha empresa.
  • Coñecer os diferentes tipos de documentos e procedementos de comunicación dixital e aprender a utilizalos de forma correcta e eficiente para o mundo laboral.
  • Aprender sobre a dixitalización sostible e as diferentes estratexias que se poden levar a cabo para unha implantación máis óptima da xestión do transporte.
  • Coñecer as dimensións éticas e profesionais do sector.

 

Destinatarios

A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo no ámbito da Dixitalización, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito da Dixitalización de datos sen a necesidade de ter unha titulación universitaria.

Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan acceder a brindar os seus coñecementos e habilidades ao mundo laboral das empresas que utilizan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz empregando ferramentas de Dixitalización.

 

Saídas Profesionais

Unha vez o alumno termine de forma correcta o curso, haberá obtido os coñecementos seguintes:

– Coñecemento e aplicación da Dixitalización Documental e a aplicación ao sector do transporte, mobilidade, loxística e infraestruturas.

– Aplicación dunha dixitalización sostible e a aplicación na empresa.

– Automatización dos sistemas de dixitalización.

Estes coñecementos permitiranlle ao estudante incorporarse ao mundo laboral en diferentes sectores. Principalmente de administración, xestión e dixitalización dos diferentes sistemas de información de unha empresa.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

    • Coñecer as estratexias e a información sobre a Dixitalización e a súa aplicación nas empresas.
    • Traballar en equipo xestionando o ámbito da Dixitalización dunha empresa e proporcionando axuda ao equipo cunha estratexia adecuada.
    • Por en práctica os coñecementos sobre Dixitalización.
    • Coñecer e empregar o Sistema EDI.
    • Coñecer e aplicar a Carta de Porte Dixital.Aprender sobre o Software de Xestión Empresarial (ERP).

 

Competencias Transversais

  • Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de Organización e planificación en base a información obtida.
  • Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.

 

Condicións de acceso

Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recollidos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.

 

Criterios de selección

Criterios de admisión:

  1.  Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%
  2.  Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%
  3.  Entrevista personal e cuestionario: 40%

Documentación requirida:

  1.  Cubrir formulario de admisión sobre criterios de actividade profesional
  2.  Cubrir formulario de admisión sobre criterios de formación
  3.  DNI
  4.  Título ou certificado de estudos
  5.  Currículum vítae

 

Materias

id nome caracter créditos
200361 Digitalización del Sector de Transporte y Logística Obligatoria 15.0

 

Avaliación

A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten.

No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non haber superado o curso coas primeiras probas. Nela, avaliarase todo o curso

 

Titulación

Dixitalización do Sector do Transporte e Loxística

 

Máis información

http://eafp.uvigo.gal/