ESTUDOS / Títulos propios

Intelixencia artificial con Deep Learning

Intelixencia artificial con Deep Learning
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemas
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1113/4
Inicio e fin
Calendar 12/02/2027 - 16/04/2027
Créditos ECTS
ECTS 4
Prazas
32
Período de inscrición
01/12/2026 - 08/02/2027
Matrícula
10/12/2026 - 10/02/2027
Descrición

O curso Intelixencia Artificial con Deep Learning ten un enfoque eminentemente práctico e está deseñado para aqueles que queren adentrarse no mundo da aprendizaxe profunda.

Traballarase co framework Keras, o que nos permitirá construír aplicacións de redes neuronais sen necesidade de coñecementos matemáticos, soamente con coñecementos moi básicos de programación. Ó longo do curso, o asistente aprenderá a procesar secuencias e recoñecer imaxes con arquitecturas como LSTM, CNN, etc. Ademais, o curso abarcará temas como redes MLP, optimización de modelos e avaliación de resultados.  Ao final do curso, o alumnado terá as habilidades necesarias para construír os seus propios modelos de aprendizaxe profunda e aplicalos a problemas do mundo real.

Coordinador/a: Amador Rodríguez Diéguez
Teléfono de contacto: 986130304
Email de contacto: amador@uvigo.gal
Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora: Centro de Posgrao e Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
32 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial (sede cidade): Calle del Conde de Torrecedeira 86, 36208, Vigo
Horario
Venres de 16h a 20h do 12/02/2027 ao 16/04/2027 (agás 19/03, 26/03 de 2027)
Prezo
Prezo xeral
240,00 €
Alumni Uvigo
216,00 €
Comunidade Uvigo
204,00 €
Persoas desempregadas
204,00 €
Personas discapacitadas
204,00 €

  • Coñecemento dos principios nos que se basean as redes neuronais.
  • Preparación de datos para ser utilizables polas redes neuronais.
  • Construcción das principais arquitecturas de redes neuronais: MLP, CNN, RNN, LSTM, etc.
  • Uso das principáis técnicas de optimización das redes neuronais: regularización, normalización, etc.
  • Coñecemento e uso dos optimizadores e inicializadores máis importantes.
  • Coñecemento e sintonización de hiperparámetros
  • Uso de funcións de callback no proceso de adestramento das redes.
  • Análise do funcionamento das redes: matriz de confusión, curvas ROC, etc.

Estudantes ou profesionais interesados en entrar no mundo da intelixencia artificial e o Deep Learning, con coñecementos moi básicos de programación.

Castelán

O asistente rematará o curso con capacidade para deseñar, implementar e aplicar técnicas de Deep Learning en calquera campo profesional.

Selección de arquitecturas de redes neuronais en función do problema a resolver

Deseño de redes neuronais

Implementación de redes neuronais

Análise de rendemento de redes neuronais

Análise de problemas e evaluación de solucións

Análise de información

Programación informática

  • Documentación requirida:
    • Documento de identificación
    • CV

Orde de preinscripción sempre que cumpran co criterio de ter coñecementos básicos de programación en calquera linguaxe proposto polo coordinador.

Introdución e conceptos básicos: 0,12 ECTS
Preparación de datos: 0,72 ECTS
Redes multicapa: 0,84 ECTS
Regularización e hiperparámetros: 0,72 ECTS
Redes neuronais convolucionales: 0,80 ECTS
Redes neuronais recorrentes: 0,80 ECTS

Avaliación continua por parte do profesor.

Curso de Formación Universitaria en Intelixencia Artificial con Deep Learning

Amador Rodríguez Diéguez

Patricia González Pardo

Precísase dispor dun ordenador portátil ou tablet para o seguimento do curso.

partir da notificación da aceptación no curso, cada solicitante disporá de sete días
naturais para completar o proceso de matrícula, pago incluído. No caso de non cuprir este
requisito, a praza será reasignada a outro solicitante que estea na lista de agarda.