ESTUDOS / Títulos propios

Fisioterapia deportiva en extremidades

Fisioterapia deportiva en extremidades
Diploma de curso avanzado de posgrado
Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia
Área de interés principal: Ciencias da saúde
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1156/1
Inicio e fin
Calendar 28/02/2025 - 23/03/2025
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 5
Plazas
20
Preinscrición pechada
01/11/2024 - 26/02/2025
Matrícula
01/01/2025 -
Descripción

O Curso Avanzado de Posgrao “Fisioterapia deportiva en extremidades” é unha formación que trata de profundar na resposta terapéutica que dende a fisioterapia se pode dar nas lesións traumáticas no eido deportivo, sendo estas as máis habituais neste ámbito.

A relevancia da formación para estudantes e profesionais de Fisioterapia radica na integración que se fai de diferentes técnicas de tratamento, como é a vendaxe, as técnicas manipulativas e o exercicio terapéutico, xunto cunha valoración do/a paciente, de cara a acadar unha boa e rápida evolución do/a mesmo/a, facilitando unha máis rápida reincorporación á actividade deportiva.

A denominación do curso fai referencia, por outra parte, a que esas lesións no eido deportivo vanse a centrar naquelas que se producen nos diferentes segmentos corporais das extremidades, tanto superiores (cintura escapular-ombro, cóbado, pulso e man) como inferiores (cadeira, xeonllo, nocello e pé). Algunhas das patoloxías sobre as que se vai a profundar na súa valoración e tratamento dende a proposta de Fisioterapia indicada (vendaxes, técnicas manipulativas e exercicio terapéutico) son tan relevante no eido deportivo como as cervicobraquialxias, a síndrome do impingement ou belisco subacromial, epicondilalxia, a síndrome do pronador, o túnel carpiano, a síndrome do corredor, a
escordadura de nocello ou a fascite plantar.

Na actualidade é grande o interese pola práctica deportiva e o número de practicantes vai
incrementando ano a ano. Isto fai que tamén se vexa aumentado o número de lesións e que darlle solución de forma axeitada e co menor impacto en canto ao tempo fóra da práctica deportiva sexa un obxectivo fundamental, tanto para o/a deportista como para o/a profesional que o/a trate.

Este curso pretende facilitar nos seus participantes incrementar a súa competencia clínico-asistencial para dar resposta dunha forma efectiva e rápida aos/ás deportistas que sofren unha lesión. Na formación facilitarase a integración de coñecementos que xa posúen con novas perspectivas de actuación, integrando técnicas pasivas e activas de tratamento, o que tamén busca que os/as pacientes sexan co-responsables do seu propio tratamento. A experiencia dos docentes neste eido pode facilitar acadar os obxectivos desta formación, o que poderá ser positivo para os/as participantes da mesma e dos/das seus/súas pacientes.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
50 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Facultad de Fisioterapia, Campus de Pontevedra
Horario
Venres de 15 a 21 horas; sábados de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas; e domingos de 9:00 a 14:00 horas e de 15 a 19 horas.
Prezo
Prezo xeral
300,00 €
Alumni Uvigo
270,00 €
Comunidade Uvigo
255,00 €
Persoas desempregadas
255,00 €
Personas discapacitadas
255,00 €

Aprender a valorar a hipomobilidade e hipermobilidade articular.
Integrar valoración e tratamento en casos clínicos reais.
Coñecer como combinar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico no
tratamento de lesións en deportistas.
Alcanzar a destreza necesaria para aplicar as manipulacións das articulacións das extremidades.

Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia e estudantes de Fisioterapia que, cando menos, no curso 2024-25 estivesen en 3º curso do Grao de Fisioterapia.

Ao rematar o presente Curso Avanzado de Posgrao, o alumnado terá os coñecementos básicos da
aplicacións combinada máis axeitada das técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións traumáticas deportivas a nivel das articulacións dos membros superiores e inferiores.

Estes coñecementos permitiralle ao alumnado poder empregar as citadas técnicas de tratamento en diferentes centros laborais: centros deportivos, clubs deportivos, centros de fisioterapia, hospitais, centros de saúde, etc.

Coñecer o concepto de hipo e hipermobilidade.
Coñecer as indicacións e contraindicacións das manipulacións con impulso.
Coñecer como e cando usar a vendaxe propioceptiva no/a deportista.
Coñecer como e cando integrar o exercicio terapéutico no/a deportista.
Lembrar as principais consideracións biomecánicas das articulacións das extremidades.
Aprender a integrar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións deportivas das articulacións do membro superior.
Aprender a integrar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións deportivas das articulacións do membro inferior.

Capacidade para comunicarse oralmente de forma efectiva cos/coas pacientes.
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora continua, así como de adaptación a novas situacións.
Desenvolverse con creatividade, organización e liderado cos/coas pacientes.

ID Nome Carácter Creditos
200469 Fisioterapia deportiva en extremidades Obligatoria 5.00

A avaliación consistirá na realización dun exame ao final do curso e a entrega dun traballo.

O exame será de tipo test e haberá que sacar un 5/10 para superalo.
O traballo, desenvolto de forma individual ou por parellas, consistirá na presentación dun caso clínico relativo a unha das patoloxías máis prevalentes das extremidades no eido deportivo, onde se terá que presentar as características clínicas do caso clínico e o plan de tratamento.

Diploma de curso avanzado de posgrado en Fisioterapia deportiva en extremidades

Asistencia en roupa deportiva.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.