ESTUDOS / Títulos propios

Desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada

Desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada
Experto
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Ciencias
Código: 1157/1
Inicio e fin
Calendar 03/02/2025 - 24/07/2025
Modalidade
Modalidade Semipresencial
Créditos ECTS
ECTS 25
Plazas
20
Preinscrición pechada
25/11/2024 - 30/01/2025
Matrícula
03/02/2025 - 24/07/2025
Descripción

Este programa formativo, ao abeiro da Cátedra NextChip da Universidade de Vigo, capacitará aos participantes no deseño, proba e empaquetado de chips fotónicos. A Cátedra NextChip
(http://nextchip.es/), financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.
Dentro do mercado global de semiconductores, a demanda de dispositivos fotónicos está medrando anualmente a ritmos próximos ao 20%, con Europa apostando polo aumento da súa capacidade produtiva coa posta en marcha de novas plantas de fabricación (foundries). Os chips fotónicos son esenciais para as necesidades do desenvolvemento tecnolóxico na automoción, comunicacións, computación cuántica, defensa, dispositivos médicos e electrónica de consumo.

Esta formación é unha excelente oportunidade para gañar competencias nestas tecnoloxías e adquirir unha preparación moi demandada no mercado laboral nacional e europeo. O programa completo, que consta de tres módulos, leva á obtención do título de “Experto en desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada” e desenvólvese durante seis meses con inscrición sen custo para os participantes.

Os módulos son independentes e poden cursarse por separado. A superación de cada módulo
outorgará un Diploma de Curso Avanzado de Posgrao aínda que a capacitación completa en forma de título de Experto requirirá a superación do total dos tres módulos.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
169 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Cidade Tecnológica de Vigo (CITEXVI) Campus de Vigo e laboratorio do International Iberian Nanotechnolog (INL) en Braga - Campus Remoto e Moovi
Horario
luns a venres de 15:30 a 19:30 horas en Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI) e as clases que se imparten en International Iberian Nanotechnology Laboratrory (INL) en Braga serán de 09:30 a 12:30 h e de 16:00 a 18:00 h. O inicio de curso está previsto para o luns 3 de febreiro de 2025 e finalizará previsiblemente o 13 de xuño de 2025.
Prezo
Prezo xeral
2.250,00 €
Alumni Uvigo
2.025,00 €
Comunidade Uvigo
1.912,50 €
Persoas desempregadas
1.912,50 €
Personas discapacitadas
1.912,50 €

O título de Experto busca a capacitación en deseño, medida, fabricación e empaquetado de dispositivos fotónicos e electrónicos. Os diferentes módulos son auto contidos, cunha importante formación práctica, co fin de preparar aos participantes para a súa incorporación á crecente oferta de postos cualificados en plantas de deseño e produción de chips fotónicos. A meirande parte da
formación levarase a cabo no Campus da Universidade de Vigo en Lagoas-Marcosende, con certa formación adicional no Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía, en Braga.

Esta formación está especialmente dirixida a estudantes e titulados universitarios no ámbito da tecnoloxía, principalmente Física e Enxeñerías, como Telecomunicación, Electrónica, Mecánica,… ou outros profesionais con experiencia laboral no ámbito da formación.
Para o acceso a o título de experto:
-Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
-Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
Para o acceso aos títulos modulares:
-Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente.
-Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
-Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
-Ser profesional con acreditación de experiencia laboral, sempre que estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.

Os campos específicos aos que os estudantes poden acceder profesionalmente tras finalizar o curso
son cada vez máis amplos dado o carácter interdisciplinario e a crecente importancia da fotónica, que, como xa se indicou, foi seleccionada como una das cinco KET pola Unión Europea, e máis en particular da fotónica integrada. Aqueles participantes que cursen todos os módulos da presente formación adquirirán os seguintes coñecementos e capacidades: deseño e proba de PICs baseados en
dispositivos pasivos e activos; deseño e proba de compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade; principios da fabricación de PICs en sala limpa; empaquetado de PICs en módulos; aplicación da fotónica ao procesado cuántico; xestión de proxectos e transferencia tecnolóxica.

Capacidade de comprensión das distintas disciplinas involucradas na fotónica
Entender o proceso de deseño e proba de dispositivos fotónicos tanto activos como pasivos
Entender o proceso de deseño e proba de compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade
Manexo de ferramentas para o deseño de circuítos integrados fotónicos
Coñecer os principios de fabricación de PICs en sala limpa
Entender e manexar as ferramentas para o empaquetado de PICs en módulos
Capacidade para simular e probar circuítos fotónicos con aplicacións cuánticas

  • CT1 Capacidade para xestionar proxectos tecnolóxicos
  • CT2 Coñecementos de xestión de activos de propiedade intelectual e industrial

A Dirección do título poderá realizar entrevistas persoais de consideralo oportuno para unha mellor comprensión dos méritos alegados, e poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Nese caso, a puntuación será:
Currículo 60%,
Carta de motivación: 20%,
Entrevista persoal: 20%.

ID Nome Carácter Creditos
200470 Diseño y medida de circuitos integrados fotónicos Obligatoria 11.00
200471 Fabricación y empaquetado de circuitos integrados fotónicos Obligatoria 7.00
200472 Tecnologías cuánticas y gestión de proyectos Obligatoria 7.00

  • Asistencia ás clases
  • Probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo durante o curso
  • Avaliación dos informes de prácticas
  • Cuestionarios
  • Avaliación do traballo final presentado

Experto/a universitario en desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada

Este programa formativo está financiado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación
Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais a través da convocatoria de axudas destinada a financiar, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, a creación de Cátedras Universidade-Empresa no período 2023-2027 cuxa actividade está centrada na investigación, difusión e formación en distintas áreas de aplicación da microelectrónica.
As bases desta convocatoria (poden consultarse aquí https://portalayudas.mineco.gob.es/catedras-chip/Paginas/Index.aspx ), establecen que a formación debe ser gratuíta para todos alumnos.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.