
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1163/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
10/02/2025 – 13/02/2025
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
O estrés é un dos efectos máis perxudiciais que afectan aos profesores e profesoras das universidades, consecuencia das múltiples tarefas e actividades académicas. Pode causar ansiedade, malas decisións, precipitación, agresividade e unha ampla gama de enfermidades psicosomáticas. Neste curso preténdese previr, controlar e minimizar os efectos do estrés entre o persoal docente universitario. Cunha xestión adecuada, conséguese tomar mellores decisións, manexar mellor as situacións conflitivas, optimizar o tempo dispoñible, diminuír as preocupacións e mellorar a calidade de vida, tanto profesional como persoal.
Director/a:
Área de Formación e Innovación Educativa
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
20/12/2024 – 02/02/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
20/12/2024 – 03/02/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
12 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus remoto.
Horario
Desenvolverase os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro de 10 a 13 horas.
Obxectivos
- Comprender a importancia da aparición de síntomas de estrés e as súas consecuencias sobre a eficacia no traballo e a calidade de vida.
- Diferenciar o estrés funcional, que favorece a eficacia no traballo, do estrés disfuncional que provoca desaxustes, malestares e enfermidades profesionais.
- Analizar as situacións laborais produtoras de estrés, corrixindo os seus factores causantes, para minimizar as súas consecuencias.
- Coñecer e valorar o estrés, comprendendo como afecta a cada participante do curso, tanto no traballo, como na vida persoal.
- Aplicar as técnicas apropiadas para obter un bo aproveitamento do estrés funcional e a redución do estrés disfuncional.
- Aplicar os procedementos e ferramentas máis adecuadas de xestión do estrés, aplicables a cada situación particular das persoas participantes.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. Se quedan prazas dispoñibles, poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Idioma
Castelán.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición, considerando o persoal destinatario ao que vai dirixida a formación.
Metodoloxía
Profesorado
Estudou Psicoloxía, Psicoloxía Educativa e Psicoloxía Empresarial pola UNED. É Experto en Planificación Estratéxica pola Universidade Complutense de Madrid, Experto en Xestión do Cambio Empresarial pola Harvard University e Experto en Dirección e Xestión de Centros Docentes pola Universidade de Zaragoza.
Avaliación
Asistencia ao 80% de las sesiones síncronas. Nas partes virtuais
síncronas será obrigatorio que as persoas participantes teñan preparada
a cámara e o micrófono para poder intervir na formación.
Superación
dun cuestionario final composto por dez preguntas onde so unha é
verdadeira. Haberá dous intentos para superar a proba e o aprobado será a
partir do sete.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.
