
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1164/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
06/03/2025 – 06/04/2025
Modalidade
Asíncrona (en liña)
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este curso introduce ás persoas participantes na intelixencia artificial (IA) xerativa e os chatbots aplicados á docencia e investigación universitaria. Analizaranse as posibilidades das IA para ofrecer apoio e interactuar con estudantes, mellorando a docencia e a investigación. Abordarase a teoría e práctica da IA na educación, presentando casos de estudo e exemplos exitosos. As persoas participantes aprenderán a seleccionar e utilizar ferramentas de IA axeitadas e a deseñar solucións personalizadas para as súas áreas de traballo. Fomentarase a colaboración entre as persoas participantes e organizaranse obradoiros prácticos para experimentar con ferramentas de IA. O curso proporcionará unha visión práctica de como integrar a intelixencia artificial xerativa e os chatbots no traballo académico cotián.
Director/a:
Área de Formación e Innovación Educativa
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/02/2025 – 27/02/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
07/02/2025 – 28/02/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
0 horas
Docencia non presencial
20 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
A través de Moovi.
Horario
Desenvolverase do 6 de marzo ao 6 de abril en modalidade virtual asíncrona.
Haberá sesións de titorías de carácter voluntario. Estas desenvolveranse de xeito virtual síncrono os xoves de 10 a 11 horas.
Obxectivos
- Describir os principais chatbots abertos en internet.
- Empregar aplicacións derivadas dos chatbots ou modelos grandes de linguaxe con finalidades docentes.
- Uso de peticións (prompt engineering) aplicadas ao ámbito docente e investigador.
- Empregar ferramentas que asistan á investigación na revisión sistemática da literatura e na redacción científica.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Idioma
Galego.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición, considerando o persoal destinatario ao que vai dirixida a formación.
Metodoloxía
1. Presentación das IA xerativas. Os principais chatbots no mercado. OpenAI, Google, Anthropic, Meta e outras alternativas.
2. Uso de IA na docencia:
– Ferramentas de xeración de contidos docentes: presentacións de diapositivas, vídeo e imaxe.
– Uso de chatbots e optimización das peticións (prompts) con fins educativos.
– Estratexias e ferramentas para integrar o uso de IA xenerativas na aula.
– Riscos e limitacións das IA xenerativas. Unha ollada crítica dende a docencia.
3. Uso de IA na investigación:
– Asistencia na visualización de papers e a súa interconexión.
– Asistencia na revisión sistemática da literatura.
– Asistencia na redacción académica.
– Asistencia na corrección estilística académica.
– Riscos e limitacións das IA xenerativas. Unha ollada crítica dende a investigación.
Profesorado
É Profesor Titular de Universidade do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Imparte docencia nos graos de Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual vinculada ao desenvolvemento de web e apps, e centra a súa investigación na comunicación dixital.
Avaliación
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.
