Aparamenta en subestacións eléctricas de alta tensión:transformadores e proteccións
Este curso ten como obxectivo proporcionar ao alumnado coñecementos relacionados co dimensionamento da aparamenta de alta tensión en subestacións eléctricas. Deste xeito, poderán coñecer, calcular, así como a súa aplicación, normativas e casos reais.
Para o desenvolvemento do curso hai profesores da Universidade de Vigo e de empresas do sector eléctrico cuxa experiencia permitirá dirixir o coñecemento ás áreas de necesidade actuais das empresas.
Coñecemento da estrutura das subestacións, aparamenta, cálculos orientados a xustificar o dimensionamento da mesma.
Coñecemento da aparamenta, entrando na sua definición, normativa aplicable, ubicación, características técnicas, dimensionamento y estudio de casos reais.
https://www.ascformacion.com/formacion-tecnica/subestaciones-y-lineas-at/curso-aparamenta-electrica-en-at/
Técnicos con experiencia en instalacións eléctricas de alta tensión
Licenciados en Enxeñaría Eléctrica (graduados e estudantes de último curso)
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial – Orientación Enxeñería Eléctrica (graduados e estudantes de último curso)
Empresas de enxeñería, tanto para o deseño de instalacións, como para a dirección e execución de obras, incluíndo tamén a explotación e mantemento de subestacións.
Coñecemento da estrutura e dos elementos das subestacións eléctricas
Coñecemento da normativa aplicable
Capacidade para dimensionar aparamenta alta tensión
Coñecer e comprender problemáticas existentes mediante de caso reais
Pensamento analítico
Resolve problemas complexos
1)Formación académica 50%
2) Experiencia afín á temática do curso
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200485 | Aparamenta en subestaciones eléctricas de alta tensión: transformadores y protecciones | Obligatoria | 3.00 |
Probas de respuesta corta ó remate de cada tema 60%
Examen final 40%
A asistencia mínima para superar o curso é do 70% da docencia presencial
Microcredencial en Aparamenta en subestacións eléctricas de alta tensión: transformadores e proteccións
A docencia síncrona presencial/virtual dos venres desenvolverase simultaneamente tanto na aula física coma na aula virtual.
A docencia do resto de días impartirase de forma síncrona virtual, e ademais gravarase para aqueles estudantes que non poidan interaccionar simultaneamente co profesorado nese momento.