ESTUDOS / Títulos propios

Ferramentas de xestión eficaz para a mellora da calidade asistencial en saúde

Ferramentas de xestión eficaz para a mellora da calidade asistencial en saúde
Microcredencial
Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismo
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1235/1
Inicio e fin
Calendar 19/11/2025 - 08/04/2026
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 1
Plazas
25
Preinscrición pechada
10/10/2025 - 24/10/2025
Matrícula
03/11/2025 - 10/11/2025
Descripción

Este curso, en formato de microcredencial universitaria, ofrece unha formación práctica e aplicada sobre o uso de ferramentas Lean para a mellora da calidade asistencial en saúde, adaptando metodoloxías de xestión eficaces ao contexto sanitario cun enfoque centrado no paciente. A formación combina fundamentos teóricos con dinámicas participativas, casos reais e simulacións prácticas, incorpora o uso de tecnoloxías, indicadores (KPIs) e cadros de mando para unha avaliación obxectiva da mellora continua, e conta coa experiencia de profesionais con traxectoria tanto académica coma asistencial, o que garante a adquisición de competencias útiles e transferibles de xeito inmediato aos contornos profesionais, contribuíndo a xerar unha cultura de mellora continua no ámbito sanitario

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
8 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Hospital Álvaro Cunqueiro
Horario
As clases terán lugar os mércores 19/11/2025, 03/12/2025, 14/01/2026, 04/02/2026, 04/03/2026 y 08/04/2026 de 8:00 a 9:30 Horas
Prezo
Prezo xeral
94,00 €
Alumni Uvigo
84,60 €
Comunidade Uvigo
79,90 €
Persoas desempregadas
79,90 €
Personas discapacitadas
79,90 €

O obxectivo principal do curso é dotar ao persoal do ámbito sanitario das competencias necesarias
para aplicar os principios e ferramentas Lean na mellora da calidade asistencial. Preténdese que o alumnado sexa capaz de identificar ineficiencias nos procesos, deseñar solucións prácticas e
implementar dinámicas de mellora continua sustentadas en indicadores obxectivos e no uso de
tecnoloxías de apoio. Así mesmo, búscase fomentar unha cultura organizativa baseada no liderado,
na aprendizaxe colaborativa e no respecto ás persoas.

O curso está dirixido a profesionais do ámbito sanitario (medicina, enfermaría, farmacia
hospitalaria, xestión sanitaria) e a persoal técnico vinculado á mellora da calidade asistencial.
Recoméndase contar con formación universitaria previa ou experiencia profesional en contornas
asistenciais que permita o aproveitamento dos contidos e das dinámicas prácticas.

Ao rematar a titulación, o alumnado será capaz de aplicar metodoloxías Lean para analizar, deseñar e mellorar procesos asistenciais, empregando ferramentas de xestión visual, cadros de mando e indicadores de calidade. Disporá de habilidades para liderar equipos en dinámicas de mellora continua, fomentar a cultura de seguridade do paciente e integrar solucións tecnolóxicas que optimicen a eficiencia organizativa.

Comprender os principios do Lean Management e o seu valor aplicado ao ámbito sanitario.

Identificar ineficiencias e desperdicios nos procesos asistenciais.

Empregar ferramentas Lean (5S, A3, Ishikawa, PDCA, VSM) para deseñar melloras prácticas.

Integrar o uso de indicadores (KPIs), cadros de mando e TIC no seguimento da calidade asistencia.

Aplicar enfoques de liderado e cultura de mellora continua en contextos clínicos reais.

Desenvolver capacidade de análise crítica e resolución de problemas en contextos complexos.

Mellorar as habilidades de comunicación e traballo en equipo multidisciplinar.

Orde de preinscrición

Profesionais do ámbito sanitario.

Lean Healthcare. Ferramentas de xestión eficaces para mellorar a calidade da atención sanitaria.

Teoría 1 ECTS

ID Nome Carácter Creditos
200574 Herramientas de gestión eficaz para la mejora de la calidad asistencial en salud Obligatoria 1.00

A avaliación poderá combinar unha proba tipo test individual, orientada a comprobar a
comprensión dos conceptos clave, cunha presentación grupal dun caso práctico de mellora
asistencial elaborado durante o curso. A participación activa nas dinámicas, debates e exercicios
prácticos será considerada tamén como parte da avaliación continua.

Microcredenciai en “Ferramentas de xestión eficaz para mellorar a calidade da atención sanitaria”

Calendario de Avaliación:

1ª oportunidade: 08/04/2026 (sesión final, presencial).
2ª oportunidade: 15/04/2026