ESTUDOS / Títulos propios

Curso de coordinación de acceso

Curso de coordinación de acceso
Microcredencial
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüística
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Arte e humanidades
Código: 1249/1
Inicio e fin
Calendar 23/02/2026 - 22/05/2026
Modalidade
Modalidade Virtual síncrona
Créditos ECTS
ECTS 6
Plazas
30
Preinscrición pechada
01/12/2025 - 01/02/2026
Matrícula
10/02/2026 - 22/02/2026
Descripción

Curso de formación para garantir que a accesibilidade e a tradución se teñan en conta ao longo
do proceso de produción dunha obra audiovisual mediante a colaboración entre o equipo
creativo e o equipo de accesibilidade/tradución.

Trátase dun novo posto profesional que xa existe en países como o Reino Unido e os Estados
Unidos, onde a coordinación de acceso céntrase en garantir a participación igualitaria dos
profesionais con discapacidade na creación audiovisual. En España, este rol ampliouse para
abarcar tamén a eliminación de barreiras estruturais ou simbólicas á representación de
personaxes con discapacidade na pantalla e ao acceso a producións audiovisuais para un público
diverso. Así, a participación, a representación e a accesibilidade constitúen os tres eixes
fundamentais deste novo posto profesional e deste curso, creado como unha colaboración entre
a Academia de Cine Española, Netflix e o grupo de investigación GALMA da Universidade de Vigo.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
90 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Plataforma de teleformación: Zoom
Horario
Ver proposta.Clases síncronas en liña os luns de 13:00 a 15:00 e os martes de 12:00 a 14:00. Traballo asincrónico en foros: 3 horas semanais.
Prezo
Prezo xeral
564,00 €
Alumni Uvigo
507,60 €
Comunidade Uvigo
479,40 €
Persoas desempregadas
479,40 €
Personas discapacitadas
479,40 €

O obxectivo do curso é formar aos participantes na coordinación de acceso, nun novo rol
profesional na industria do cine e a televisión, para que supervisen durante a produción dunha obra audiovisual todo o que teña que ver coa participación de profesionais con discapacidade, a súa representación en pantalla e a accesibilidade dos da obra para o público mediante subtitulado, audio descrición e/ou interpretación de lingua de signos e a inclusión ou tratamento da lingua de signos nos contidos como parte narrativa (Cine en LS).

Dirixido a un público xeral con e sen discapacidade interesado no tema, aínda que, dado o enfoque
do curso, darase prioridade aos participantes de persoas con discapacidade. Considerarase
experiencia ou formación previa en tradución, accesibilidade, cine e outros medios audiovisuais,
procesos de validación ou creación accesible, así como a participación activa en organizacións da
sociedade civil relacionadas co tema (non exclusiva).

Coordinación de acceso en cine, televisión e/ou artes escénicas
Coordinación de subtitulación en cine, televisión e/ou artes escénicas
Coordinación de tradución/interpretación en lingua de signos en cine, televisión e/ou artes
escénicas
Coordinación de audiodescrición en cine, televisión e/ou artes escénicas
Asesoramento experto sobre participación, representación e accesibilidade en cine, televisión e/ou artes escénicas
Asesoría do tratamento ou inclusión da lingua de signos como elemento narrativo

  • CE1 Desenvolver estratexias de accesibilidade
  • CE2 Probar a accesibilidade do sistema para usuarios con necesidades especiais
  • CE3 Asesorar sobre modificacións no entorno físico para facilitar a accesibilidade
  • CE4 Desenvolver estratexias de resolución de problemas
  • CE5 Innovar nas TIC

  • CT1 Capacidade de organización e xestión de proxectos
  • CT2 Capacidade para solucionar problemáticas culturais transversais
  • CT3 Capacidade analítica e resolución de problemas
  • CT4 Capacidade de adaptación a cada situación
  • CT5 Capacidade para xestionar as emocións

  1. Experiencia ou formación previa en tradución e accesibilidade 35%
  2. Experiencia ou formación previa en cine e outros medios audiovisuais 35%
  3. Procesos de validación ou creación accesible, así como participación activa en organizacións da Sociedade Civil vinculadas á temática 30%
  4. Prioridade para persoas con discapacidade

ID Nome Carácter Creditos
200613 Curso de coordinación de acceso Obligatoria 6.00

Primeira proba: venres 14 de maio
Traballo grupal de coordinación de acceso para unha produción audiovisual,
supervisando aspectos de participación, representación e accesibilidade de contidos

Segunda proba: venres 21 de maio
Proxecto/informe final cunha reflexión sobre o aprendido e os puntos destacados e negativos do curso, así como suxestións de mellora.

Titulo na microcredencial ” Curso de coordinación de acceso”

Este é o único curso de coordinación de acceso que se imparte en España e o único do mundo que
abrangue aspectos de participación, representación e acceso a contidos en medios audiovisuais.

A docencia impartirase coa seguinte distribución:
Horas síncronas virtuais: 4,5 horas semanais x 12 semanas = 54 horas.
Horas asíncronas: 3 horas de participación en foros x 12 semanas = 36 horas.